José Girón Bazán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 O Bierzo, España |
Morte | 1959 (49/50 anos) Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Manuel Girón Bazán |
José Girón Bazán, nado en Barrios de Salas (O Bierzo) en 1909 e finado en Francia en 1959, foi un guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De familia campesiña. Loitou na guerra civil na fronte de Asturias, onde perdeu un ollo por unha esquirla de bala en setembro de 1937. Foi evacuado a Cataluña. En xaneiro de 1939 logrou pasar a Francia. No distrito de Deux-Sèvres entrou en contacto co último alcalde republicano de Barrios de Salas. Empiezou a traballar nas minas de carbón, pero cando en 1940 Francia firmou o armisticio coa Alemaña nazi, a súa zona de residencia quedou baixo o control dos alemáns. A súa muller e a filla de tres meses foron deportadas a España. José foi conducido a Angulema e deportado no Convoi dos 927, enganado en dirección ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen. Con identidade falsa logrou saír vivo despois de sete meses no campo. Reencontrouse coa súa muller en Francia, coa que tivo outra filla e un varón. Morreu de silicose en 1959.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Macías, Santiago (2019). El monte o la muerte. Madrid.