José Gómez Sampayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Arbo, España |
Morte | 9 de novembro de 1936 (32/33 anos) Cotobade, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
José Gómez Sampayo, nado no Pazo de Sande (Arbo) en 1903 en finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un médico e político galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1926), en 1930 visitou Buenos Aires onde recibiu numerosas homenaxes, algunha compartida co Doutor Asuero. Durante a Segunda República Española foi médico en Arbo. En xuño de 1934 foi designado delegado sanitario no balneario de Salinillas de Buradón (Áraba)[2]. Trala sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e trasladado á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outras dez persoas de Arbo e Lalín, para asasinalo na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Palleiro, Verónica (17/12/2016). "Seis asesinados en el 36 salen del olvido". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ El Pueblo Gallego, 19/6/1934, p. 12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Simón Lorda, David (2012). "Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): Galenos de Galicia: Guerra Civil e represión polo franquismo" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 18: 358. Consultado o 24/1/2013.