José Eiriz Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 7 de agosto de 1942 (32/33 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
José Eiriz Fernández, nado en Buenos Aires cara a 1909 e finado en Lugo o 7 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Labrego en Sabadelle (Chantada). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi detido o 16 de maio de 1939 coas súas irmás Luisa e Aurora. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 767/38 con Antonio Fontao Montenegro e Jesús Pereira Cuñarro, foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo no monte de tiro de San Cibrao o 7 de agosto de 1942. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Eiriz Fernández na páxina web Nomes e Voces.