João Fonseca
João Fonseca | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | João Francisco Fonseca dos Santos | ||
Nacemento | 19 de febreiro de 1948 | ||
Lugar de nacemento | Matosinhos | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1962–1967 | Leixões | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1967–1969 | Leixões | 46 | (0) |
1969–1975 | Benfica | 10 | (0) |
1972–1973 | → Leixões | 30 | (0) |
1973–1975 | → Ourense | 71 | (0) |
1975–1977 | Varzim | 18 | (0) |
1977–1983 | Porto | 127 | (0) |
1983 | → Ourense | 0 | (0) |
1983–1984 | Famalicão | 29 | (0) |
1984–1988 | Chaves | 59 | (0) |
Selección nacional | |||
1976–1977 | Portugal sub-21 | 3 | (0) |
1976 | Portugal | 1 | (0) |
Adestrador | |||
1988–1989 | Chaves | ||
1989–1990 | Vila Real | ||
1990–1991 | Varzim | ||
1994 | Lousada | ||
1995 | Lousada | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
João Francisco Fonseca dos Santos, nado en Matosinhos o 19 de febreiro de 1948, é un exfutbolista portugués que xogaba de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como porteiro de fútbol na canteira do Leixões, debutando co primeiro equipo na Primeira Liga na tempada 1967/68. Na seguinte campaña estreouse en competición europea, nun partido da Copa de Feiras contra o Argeș Pitești romanés no estadio das Antas.[1]
En 1969 fichou polo Benfica, onde apenas dispuxo de minutos, sendo o gardameta titular naquela época José Henrique. Formou parte do equipo que gañou dúas ligas consecutivas nas tempadas 1970/71 e 1971/72, así como dúas Copas de Portugal. Na tempada 1972/73 regresou ao Leixões, cedido polo Benfica, e alí recuperou a titularidade.
Entre 1973 e 1975 xogou cedido no Ourense, que militaba na Segunda División española.[2] Na súa primeira tempada en Galicia disputou 36 partidos e o equipo, adestrado primeiro por León Lasa e despois por Naya, logrou a permanencia ao rematar 12º. Con todo, na seguinte campaña acabou descendendo. Fonseca deixou o club ourensán con 71 partidos disputados e 79 goles encaixados.
Posteriormente xogou no Varzim, da Segunda División, co que logrou o ascenso a Primeira, antes de fichar en 1977 polo Porto. Militou seis anos neste club, gañando outras dúas ligas, pero desta vez xogando como titular. Na tempada 1983/84 xogou no Famalicão e pechou a súa carreira co Chaves, onde xogou ata 1988.
Selección portuguesa[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección portuguesa nunha ocasión, nun partido contra Dinamarca en 1976, correspondente á fase de clasificación para o Mundial de 1978.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Benfica
- Primeira Liga (2): 1970/71, 1971/72.
- Taça de Portugal (2): 1969/70, 1971/72.
Varzim
- Segunda División (1): 1975/76.
Porto
- Primeira Liga (2): 1977/78, 1978/79.
- Supercopa de Portugal (1): 1981.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Leixões SC - FC Arges Pitesti 1968". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Fonseca, nuevo portero "rojillo"". El Pueblo Gallego (en castelán) (18188). 24 de agosto de 1973. p. 12. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ "Portugal - Dinamarca 1976". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en eu-football.info (en inglés).
- Datos do xogador na Federación Portuguesa de Fútbol (en portugués).
- Nados en 1948
- Nados en Matosinhos
- Futbolistas de Portugal
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Leixões SC
- Xogadores do SL Benfica
- Xogadores do CD Ourense
- Xogadores do Varzim SC
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do FC Famalicão
- Xogadores do GD Chaves
- Xogadores da selección de fútbol de Portugal
- Adestradores de fútbol de Portugal