Jaume Ribera
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1953 (70 anos) Sabadell, España |
Datos persoais | |
Residencia | Sabadell |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura xuvenil e historieta |
Ocupación | escritor , artista de banda deseñada |
Xénero artístico | Historieta |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Premios | |
Jaume Ribera, nado en Sabadell o 30 de decembro de 1953, é un escritor e guionista de historietas catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nas décadas de 1970 e 1980 dedicouse a facer guións para cómics na Editorial Bruguera. Guionizou series coma Maff y Osso (de GiaSer) ou Deliranta Rococo e Profesor Tragacanto (de Gustavo Martz-Schmidt). Tamén chegou a firmar guións de Mortadelo y Filemón, cando foron realizados polo Bruguera Equip sen o seu creador, Francisco Ibáñez.
Para a mesma editorial tamén realizou guións de corte policíaco, detectivesco ou de suspense.
Xunto a Andreu Martín escribiu dúas sagas detectivescas: a protagonizada polo detective adolescente Flanagan, e a protagonizada por Àngel Esquius, composta por catro novelas: Amb els morts no s'hi juga (2003), Joc de claus (2004), La monja que va perdre el cap (2005) e Si cal matar matem (2010).
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |