James Harris Simons
Simons en 2007 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América |
Morte | 10 de maio de 2024 (86 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade de California, Berkeley |
Director de tese | Bertram Kostant (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas, empresa |
Ocupación | matemático , criptógrafo , científico , financial adviser (en) , profesor universitario , financeiro , empresario , filántropo |
Empregador | Universidade Harvard Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Universidade de Lancaster (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Patrimonio estimado | 20.900 M$ (8 de febreiro de 2018) 21.500 M$ (2019) 23.500 M$ (13 de novembro de 2020) |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Jeff Cheeger (pt) , John Millson (pt) e Daniel Richard Baker (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Barbara Simons Marilyn Hawrys (presente)[1] |
Fillos | Nat Simons (en) |
Parentes | Richard Lourie (pt) (curmán entregue) |
Cronoloxía | |
5 de novembro de 2017 | Paradise Papers |
Premios | |
Premio Oswald Veblen (1976) | |
Lista
|
James Harris Simons, nado en Newton, Massachusetts, en 1938 é un matemático, académico, financeiro, axente de fondos, corretor de bolsa, investidor, especulador e filántropo estadounidense.
En 1982, despois da súa carreira académica como matemático, Simons fundou Renaissance Technologies Corporation, unha firma de investimentos privada con sede en Nova York, con máis de 15 000 millóns de dólares en activos. Simons continúa a ser o seu presidente executivo, do que é un dos fondos de alto risco con máis éxito do mundo.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
James Simons é neto do propietario dunha fábrica de zapatos en Massachusetts.[3] Obtivo o grao de Bachelor of Science (BS) en matemáticas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1958,[4] e o grao de Doctor of Philosophy (Ph.D.), tamén en matemáticas na Universidade de California, Berkeley en 1961[5] aos 23 anos.
Entre 1964 e 1968, traballou na Communications Research Division do Institute for Defense Analyses (IDA). Simons foi profesor de matemáticas no MIT e na Universidade Harvard. En 1968, foi nomeado presidente do departamento de matemáticas na Universidade de Stony Brook.
En 1976, Simons gañou o Premio Oswald Veblen en xeometría da Sociedade Estadounidense de Matemáticas polo seu traballo no que revisaba as formas características das superficies mínimas, o que deu lugar á súa proba sobre a conxectura Bernstein e unha mellora dunha certa regularidade dos resultados de Wendell H. Fleming nunha xeneralización do problema de Plateau.
Entre as investigacións máis influentes nas que participou Simons inclúese o descubrimento e a aplicación de determinadas medicións xeométricas, as formas de Chern-Simons, tamén coñecidas como invariantes de Chern-Simons. En 1974, a súa teoría foi publicada en 'Characteristic Forms and Geometric Invariants xunto con Shiing-Shen Chern. A teoría emprégase na física teórica e en particular na teoría de cordas.
En 1978, deixou a carreira académica para fundar Renaissance Technologies, un fondo de investimento constituído con fondos de investimento libre (hedge funds), materias primas e outros derivados financeiros.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Teitelbaum, Richard (Xaneiro de 2008). "The Code Breaker". Bloomberg Markets Magazine. Bloomberg LP. Consultado o 7-1-2010.
- ↑ Lux, Hal (1 de novembro de 2000). "The secret world of Jim Simons" (PDF) (en inglés). Institutional Investor. Consultado o 14 de abril de 2022.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ [2]
- ↑ "The Mathematics Genealogy Project - James Simons". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de abril de 2017.