Istifan Bilu
Nome orixinal | (ar) إسطيفان بلّو |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de setembro de 1910 Iraq |
Morte | 26 de novembro de 1989 (79 anos) |
Bispo diocesano | |
23 de outubro de 1959 – ← Paul II Cheikho (en) Diocese: Eparquía católica caldea de Alepo | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1960–), sacerdote católico (1934–) |
Orde relixiosa | Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos |
Consagración | Paul II Cheikho (en) |
Istifan Bilu[1] (en árabe: إسطيفان بلّو), nado en Alqux (Iraq) o 5 de setembro de 1910 e finado en Roma o 26 de novembro de 1989, foi un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1959 até o seu pasamento.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Alqux, unha vila de maioría cristiá e asiria do norte de Iraq (entón baixo soberanía otomá, na provincia de Mosul), o 5 de setembro de 1910.[2] Entrou na Orde Antoniana de Santo Hormisdas dos Caldeos, e o 14 de outubro de 1934 foi ordenado sacerdote.[2] Posteriormente doutorouse polo Pontificio Instituto Oriental coa tese «La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle», publicada en Roma en 1939;[3] durante este período realizou unha estancia no priorado de Amay entre setembro e outubro de 1937.[4]
En 1948 foi elixido superior da súa orde, cargo que ostentou até 1958.[3] O 23 de outubro de 1959 foi elixido bispo de Alepo.[2] Recibiu a consagración episcopal de mans do patriarca de Babilonia Paulo II o 10 de xaneiro de 1960.[2] Como bispo, participou nas sesións I-IV do Concilio Vaticano II. Durante o seu pontificado, se construíu a catedral de San Xosé de Alepo, así como moitas outras iniciativas na eparquía.
Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, o 19 de xullo de 1975 foi nomeado membro consultor da mesma.[5]
Finou en Roma o 26 de novembro de 1989, e o seu corpo foi enterrado nun mosteiro preto de Alqux.
Obra[editar | editar a fonte]
- La Congrégation de S. Hormisdas et l'Église chaldéenne dans la première moitié du XIXe siècle. Roma: Pontificio Instituto Oriental. 1939.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén coñecido pola romanización francesa do seu nome, Stéphane Bello.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Annuario pontificio per l'anno 1987. 1987. p. 26.
- ↑ 3,0 3,1 Yohanna, Samer Soreshow (2015). The Gospel of Mark in the Syriac Harklean Version: An edition based upon the earliest witnesses. Gregorian Biblical BookShop. p. 109. ISBN 9788876536748.
- ↑ Edelby, Nagi; Masri, Pierre, eds. (2005). Mélanges en mémoire de Mgr Néophytos Edelby (1920-1995). CEDRAC. p. 479. ISBN 9789953455303.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 12. OCLC 9237479.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Bulus Xaikhu |
Bispo de Alepo 1959 - 1989 |
Sucesor: Antuan Audu |
- Nados en 1910
- Nados en Iraq
- Antonianos de Santo Hormisdas
- Relixiosos católicos de Iraq
- Bispos católicos de Iraq
- Bispos católicos de Siria
- Bispos da Igrexa católica caldea
- Bispos católicos do século XX
- Finados en 1989
- Alumnos do Pontificio Instituto Oriental
- Membros da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental