Isidoro de Antillón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Isidoro de Antillón y Marzo 1778 Santa Eulalia del Campo, España (pt) |
Morte | 1814 (35/36 anos) Santa Eulalia del Campo, España (pt) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Isidoro de Antillón y Marzo, nado en Santa Eulalia del Campo o 15 de maio de 1778 e finado o 3 de novembro de 1814, foi un xeógrafo e político aragonés, representante destacado da última fase da Ilustración.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Santa Eulalia del Campo, Teruel, o 15 de maio de 1778. Licenciouse en á vez en Dereito civil e canónico. Pasou a Madrid onde exerceu a cátedra de Xeografía e Historia no prestixioso Seminario de Nobres. En 1803 comezou a elaborar o primeiro atlas de España.
Cando estala a guerra contra o francés Antillón trasládase para Aragón, onde estimula a formación da Xunta de Goberno de Teruel. No ano seguinte pasou para Sevilla, onde se encontrou co poeta Quintana, cofundando ambos o "Semanario Patriótico". Antillón foi nomeado membro da Audiencia de Mallorca en 1810, e en 1812 foi elixido como representante de Aragón na segunda lexislatura das Cortes de Cádiz, onde participou activamente, significándose como un aberto defensor da causa liberal.
Sería precisamente o seu ardente liberalismo, o que levou a que fose vítima dun atentado a fins de 1813. As secuelas das feridas forzárono a trasladarse para Aragón. Aquí colleuno a reposición do Absolutismo, coa volta do rei Fernando VII, dándose orde de apresalo. Durante o traslado, ao pasar pola súa localidade natal de Santa Eulalia del Campo faleceu o día 3 de novembro de 1814.
Sepultado na igrexa de Santa Eulalia, en 1823 os realistas abriron o seu sepulcro, queimaron os restos e esparexeron as cinzas.
Obras (selección)[editar | editar a fonte]
- Descripción orográfica, política y física de Albarracín, 1792.
- Elementos de geografía, 1800.
- Lecciones de geografía astronómica, natural y política, 1806.
- Pricipios de geografía física y civil, 1807.
- Elementos de geografía astroómica, natural y política de España y Portugal, 1824 (edición póstuma).