Intertrixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intertrixe
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A intertrixe (do latín ínter- e tereré, "fregar") é unha dermatose ou enfermidade dos pregues da pel, causada pola fricción ou rozamento mutuo e repetido das superficies contrapostas, maila humidade e a infección engadida por bacterias, fermentos ou fungos, a máis común das cales débese á infección por Candida albicans.[1] É a forma máis común do eritema traumático.

Maniféstase por unha maceración da pel con fisuras, exudado, erupción e rubor das áreas afectadas con ardor ou prurito.

É unha complicación común en nenos e en doentes con obesidade, con hipertrofia mamaria ou con incontinencia urinaria, e as áreas máis afectadas son a rexión inguinocrural, a submamaria, as axilas e os pliegues interdixitais.

O tratamento está orientado a evitar os factores etiolóxicos, é dicir, o roce e a humidade, así como o uso dun medicamento antimicrobiano segundo o axente infeccioso involucrado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dorland. Diccionario enciclopédico ilustrado de medicina. Elsevier, España, 2005. ISBN 8481747904, 9788481747904.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Falabella Falabella, Rafael. Dermatoloxía. Fundamentos de Medicina. Corporación para las Investigaciones Biológicas, 2002. ISBN 9589400566, 9789589400562.