Illas francesas
![As terras que conforman a República Francesa, amósanse na mesma escala xeográfica.](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/91/France-Constituent-Lands.png/330px-France-Constituent-Lands.png)
As illas francesas atópanse en tódolos continentes e océanos. Algunhas xurisdicións administrativas toman o nome do arquipélago principal, e algúns arquipélagos toman o nome da illa principal.
Arquipélagos[editar | editar a fonte]
Os principais arquipélagos franceses xeralmente son parte doutros arquipélagos maiores, destacando:
- na Polinesia: Illas da Sociedade, illas Tuamotu, illas Marquesas, illas Tubai, illas Gambier e illas Bass;
- na Melanesia: Nova Caledonia, Illas da Lealdade e Illa dos Piñeiros;
- na Micronesia: Wallis e Futuna;
- nas Antillas menores: Guadalupe, Martinica e Les Saintes;
- no Índico: Kerguelen (Territorios Austrais Franceses, Reunión (Illas Mascareñas e Mayotte (Illas Comores);
- no Atlántico Norte: Saint-Pierre-et-Miquelon (Terra Nova);
- no Mediterráneo: Córsega.
Ademais Francia ten pequenos arquipélagos xunto á costa continental europea (no Golfo de Gascuña, no Golfo de León, na Costa Azul (Illas de Ouro) e na Canle da Mancha), así tamén xunto á costa da Güiana Francesa (Illas da Saúde), e nos arredores de Madagascar.
Algúns arquipélagos franceses teñen unha gran cantidade de illas. Entre eles o arquipélago Tuamotu coas súas 78 illas (885 km² sobre máis de 2 millóns de km² de superficie mariña, con 15.000 habitantes).
O arquipélago máis extenso é o de Nova Caledonia con máis de 19.000 km² contando as augas interiores.
Illas[editar | editar a fonte]
Son bastante numerosas as illas francesas. Así por exemplo, só na Polinesia son 118 illas (con 4.000 km² sobre unha área mariña de 4 500 000 km²).
Na Francia metropolitana, 1.260 illas e illotes perlan o litoral francés, dun extremo a outro desde as illas Chausey ata as illas Lavezzi (o pequeno Golfo de Morbihan contén por si só 43 illas e illotes).
Entre as illas francesas, a máis extensa é Nova Caledonia (16.372 km²) e a máis poboada é Reunión (máis de 800.000 habitantes). Rangiroa é o segundo atol máis grande do mundo.
As principais illas francesas son:
Posición | Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Total | Poboación | Mar | Nome | Arquipélago | Grupo maior | Océano (mar) | Continente | Administración | Área (km²) | Poboación(hab.) |
f.o. | ? | A-f.o. | Grande-Île (Chausey) | Chausey | Baía do Monte Saint-Michel, Canle da Manga | Atlántico | Europa | ![]() |
0,45 | |
f.o. | 051* | A-f.o. | Bréhat | Arquipélago de Bréhat | Canle da Manga | Atlántico | Europa | ![]() |
2,90 | 444 |
f.o. | 055 | A-f.o. | Illa de Sein | - | - | Atlántico | Europa | ![]() |
0,58 | 238[2] |
f.o. | 044* | A-f.o. | Batz | - | Canle da Manga | Atlántico | Europa | ![]() |
3,05 | 574 |
f.o. | ? | A-f.o. | Illa dos Monxes | - | Golfo de Morbihan | Atlántico | Europa | ![]() |
3 | |
f.o. | ? | A-f.o. | Illa Rouzic | Sept-Iles | Canle da Manga | Atlántico | Europa | ![]() |
||
f.o. | 053 | A-f.o. | Houat | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
2,91 | 311[2] |
056 | 037 | A-06 | Ouessant | - | Canle da Manga | Atlántico | Europa | ![]() |
16 | 1.000 |
027 | 020 | A-02 | Belle-Île-en-Mer | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
85,63 | 5.120[3] |
062 | 027 | A-07 | Groix | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
14,82 | 2.275 |
f.o. | 053* | A-f.o. | Illa de Molène | Arquipélago de Molène | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
1 | 300 |
f.o. | 062 | A-f.o. | Hoedic | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
2,08 | 111[3] |
047 | 022 | A-05 | Illa de Yeu | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
23,32 | 4.906[4] |
035*. | 015* | A-f.o. | Illa de Noirmoutier | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
48,77 | 9.592 |
028 | 011* | A-03 | Illa de Ré | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
85,32 | 17.406 [2] |
015* | 010* | A-f.o. | Oléron | - | Golfo de Gascuña | Atlántico | Europa | ![]() |
175 | 20.009 |
f.o. | des. | A-f.o. | Illa do Diaño | Illas da Salvación | - | Atlántico | Suramérica | ![]() |
0,14 | 0 |
f.o. | des. | A-f.o. | Illa Real | Illas da Salvación | - | Atlántico | Suramérica | ![]() |
0,28 | 0 |
f.o. | des. | A-f.o. | Illa San José | Illas da Salvación | - | Atlántico | Suramérica | ![]() |
0,20 | 0 |
f.o. | ? | A-f.o. | Saint-Nicolas | - | Glénans | - | Europa | |||
f.o. | des. | M-f.o. | Castelo de If | Arquipélago de Frioul | Golfo de León | Mediterráneo | Europa | ![]() |
0 | |
f.o. | 064 | M-03 | Illa de Levante | Illas de Hyères | - | Mediterráneo | Europa | ![]() |
9 | 100[5] |
066 | 058 | M-02 | Porquerolles | Illas de Hyères | - | Mediterráneo | Europa | ![]() |
12,54 | 200[5] |
f.o. | f.o. | M-f.o. | Port-Cros | Illas de Hyères | - | Mediterráneo | Europa | ![]() |
7 | 30[5] |
002 | 003 | M-01 | Córsega | - | - | Mediterráneo | Europa | ![]() |
8.722 | 260.000 |
f.o. | des. | M-f.o. | Lavezzi | Illas Lavezzi | Estreito de Bonifacio (Córsega) | Mediterráneo | Europa | ![]() |
0,65 | |
014 | 043 | A-01 | Illa de Miquelon (Miguelón e Langlade) | Saint-Pierre-et-Miquelon | Terra Nova | Atlántico | Norteamérica | ![]() |
205 | 698[6] |
045 | 018 | A-04 | Illa de San Pedro | Saint-Pierre-et-Miquelon | Terra Nova | Atlántico | Norteamérica | ![]() |
25 | 5.618}[7] |
006 | 002 | C-01 | Martinica | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
1.100 | 426.000 |
008 | 006 | C-02 | Illa de Basse-Terre (Guadalupe) | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
847,82 | 186.661[2] |
010 | 005 | C-03 | Grande-Terre (Guadalupe) | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
586,68 | 197.603[2] |
018 | 010 | C-04 | Marie-Galante | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
158 | 20.000 |
033 | 009 | C-05 | San Martín[8] | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
54 | 48.000 |
048 | 033 | C-06 | La Désirade | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
22 | 1.700 |
049 | 016 | C-07 | Saint-Barthélemy | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
21 | 6.500 |
065* | 025* | C-08 | Les Saintes | Antillas Menores (Barlovento) | Antillas | Caribe | Centroamérica | ![]() |
12,8 | 2.868 |
f.o. | des. | P-f.o. | Illa Large | Illas Chesterfield | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
0 | |
f.o. | ? | P-f.o. | Arrecifes Bellona | - | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
||
035 | 039 | P-21 | Illa de Art | Illas Belep | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
52,6 | 895[6] |
059 | des. | P-39 | Illa Pott | Illas Belep | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
15 | 0 |
001 | 004 | P-01 | Illa da Grande-Terre | Arquipélago de Nova Caledonia | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
16.372 | 220.000 |
016 | 024 | P-08 | Ouvéa | Illas da Lealdade | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
160 | 3.392 [6] |
005 | 013 | P-02 | Lifou | Illas da Lealdade | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1.150 | 10.000 |
070 | 061 | P-48 | Tiga | Illas da Lealdade | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
10 | 150[5] |
009 | 019 | P-04 | Maré | Illas da Lealdade | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
650 | 5.417[6] |
019 | 031 | P-10 | Illa dos Piñeiros | - | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
150 | 1.969[6] |
f.o. | ? | P-f.o. | Ouen | Nova Caledonia | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
||
f.o. | des. | P-f.o. | Atol de Houn | - | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
0,5 | 0 |
f.o. | ? | P-f.o. | Amidée | - | Melanesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
||
007 | 008 | P-03 | Tahití | Illas do Vento | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1.042 | 131.000 |
021 | 011 | P-12 | Moorea | Illas do Vento | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
135 | 14.000 |
069 | 054 | P-47 | Maiao | Illas do Vento | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
10 | 299[4] |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Tetiaroa (atol) | Illas do Vento | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
6 | 1 |
f.o. | des. | P-f.o. | Mehetia | Illas do Vento | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2,3 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Manuae (ou Scilly) | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
6 | 0 |
026 | 023 | P-16 | Tahaa | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
82 | 4.500 |
030 | 017 | P-18 | Huahine | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
72 | 5.700 |
015 | 012 | P-07 | Raiatea | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
172 | 10.100 |
030 | 017 | P-18 | Huahine | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
72 | 5.700 |
043 | 015 | P-29 | Bora Bora | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
29 | 8.000 |
063 | 035 | P-42 | Maupiti | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
14 | 1.150 |
067 | des. | P-45 | Tupai* | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
11 | 0 |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Mopelia | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2,6 | 15 |
f.o. | des. | P-f.o. | Motu One (Illas da Sociedade) (ou Bellinghausen) | Illas da Sociedade (Sotavento) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
3 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Illa Motu One (Marquesas) | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
? | 0 |
038 | des. | P-24 | Eiao | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
43,8 | 0 |
012 | 026 | P-05 | Nuku Hiva | Illas Marquesas (Setentrional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
365 | 2.400 |
024 | 045 | P-14 | Ua Huka | Illas Marquesas (Setentrional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
83 | 571 [4] |
023 | 029 | P-13 | Ua Pou | Illas Marquesas (Setentrional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
108 | 2.000 |
f.o. | des. | P-f.o. | Fatu Huku | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1,3 | 0 |
013 | 032 | P-06 | Hiva Oa | Illas Marquesas (Meridional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
325 | 1.900 |
032 | 044 | P-20 | Tahuata | Illas Marquesas (Meridional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
61 | 650 |
025 | 049 | P-15 | Fatu Hiva | Illas Marquesas (Meridional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
83 | 500 |
060 | des.- | P-40 | Moho Tani (Motane) | Illas Marquesas (Meridional) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
15 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Hatutu | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
6,5 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Hatu Iti (Motu Iti) | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
0,2 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Illa Clark (Marquesas) | Illas Marquesas | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
0 | |
037 | 030 | P-23 | Tubuai | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
45 | 2.000 |
039 | 051 | P-25 | Illa Rapa | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
40 | 482[4] |
041 | 028 | P-27 | Rurutu | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
32,75 | 2.088[4] |
054 | 055 | P-35 | Mataiva (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
16 | 237[9] |
051 | 052 | P-32 | Tikehau (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
20 | 407[9] |
029 | 025 | P-17 | Rangiroa (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
79 | 3.071 |
046 | f.o. | P-30 | Makatea | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
24 | 61[4] |
061 | 042 | P-41 | Arutua (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
15 | 725[4] |
065 | 040 | P-44 | Manihi (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
13 | 818[4] |
053 | 034 | P-34 | Takaroa (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
20 | 1.577[4] |
058 | 047 | P-38 | Takapoto (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
15 | 521[9] |
052 | 050 | P-33 | Apataki (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
20 | 492[4] |
068 | 046 | P-46 | Kaukura (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
11 | 542[4] |
050 | 060 | P-31 | Niau (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
20 | 171[4] |
057 | 048 | P-37 | Fakarava (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
16 | 500 |
040 | 051* | P-26 | Anaa (atol) | Tuamotu (Oeste) | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
38 | 435[9] |
f.o. | des. | P-f.o. | Akiaki (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1,3 | 0 |
f.o. | 063 | P-f.o. | Vahitahi (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2,5 | 103[9] |
f.o. | 059 | P-f.o. | Nukutavake (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
6 | 200 |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Vairaatea (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
3 | 70 [10] |
f.o. | des. | P-f.o. | Pinaki (atol) | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1,3 | 0 |
020 | des. | P-11 | Mururoa[11] | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
140 | 0 |
036 | des. | P-22 | Fangataufa * | Tuamotu | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
48[12] | 0 |
064 | 036 | P-43 | Mangareva | Illas Gambier | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
14 | 1.100 |
f.o. | des. | P-f.o. | Temoe | Illas Gambier | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2,1 | 0 |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Taravai | Illas Gambier | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
5 | 6 |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Akamaru | Illas Gambier | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2 | 11 |
f.o. | f.o. | P-f.o. | Aukena | Illas Gambier | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
2 | 31 |
f.o. | 041 | P-f.o. | Rimatara | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
9 | 785[4] |
055 | 038 | P-36 | Raivavae | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
16 | 905[4] |
f.o. | des. | P-f.o. | Illotes María (ou Illas Hull) | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
1,3 | 0 |
f.o. | des. | P-f.o. | Marotiri (ou illotes de Bass) | Illas Austrais | Polinesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
0,04 | 0 |
042 | des. | P-28 | Alofi | Wallis e Futuna | Micronesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
32 | 0 |
017 | 014 | P-09 | Atol Ouvéa | Wallis e Futuna | Micronesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
159 | 10.000 |
031 | 021 | P-19 | Futuna | Wallis e Futuna | Micronesia | Pacífico | Oceanía | ![]() |
64 | 5.000 |
068* | des. | P-f.o. | Illa Clipperton | - | Polinesia | Pacífico | Norteamérica | ![]() |
11 | 0 |
f.o. | des. | I-f.o. | Illa Gran Gloriosa | Illas Gloriosas | Madagascar | Índico | África | ![]() |
7 | 0 |
044 | des. | I-06 | Illa Europa | Madagascar | Índico | África | ![]() |
28 | 0 | |
f.o. | des. | I-0 | Illa Tromelin | - | Madagascar | Índico | África | ![]() |
1 | 0 |
f.o. | des. | I-0 | Saint Christopher | - | Madagascar | Índico | África | ![]() |
0 | |
f.o. | des. | I-0 | Atol Bassas da India | - | Madagascar | Índico | África | ![]() |
0,2 | 0 |
004 | 001 | I-02 | Reunión | Illas Mascareñas | Madagascar | Índico | África | ![]() |
2.512 | 800.000 |
011 | 007 | I-03 | Mayotte (Mahoré) | Comores | Madagascar | Índico | África | ![]() |
374 | 160.000 |
f.o. | des. | I-f.o. | Illa de Saint Paul | - | - | Índico | Asia | ![]() |
8 | 0 |
022 | des. | I-04 | Illas Crozet | Illas Crozet | - | Índico | Asia | ![]() |
115 | 0 |
003 | 057 | I-01 | Kerguelen (Grande-Terre) | Illas Kerguelen | - | Índico | Asia | ![]() |
6.675 | 200 |
034 | f.o. | I-05 | Illa Amsterdam | - | - | Índico | Asia | ![]() |
54 | 60 |
Illa de Francia[editar | editar a fonte]
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4e/%C3%8Ele-de-France_map.png)
Dentro do curso do río Sena, no centro do actual París, existe unha illa, que en tempos celtas pertencía e era ocupada pola tribo gala dos Parissi. Aínda que posteriormente os romanos chamárona Lutetia, na Idade Media tomou definitivamente o nome de París, recordando así aos seus orixinais poboadores. Clodoveo I, da primeira Casa Real francesa (a Dinastía Merovinxia), estableceu como capital do país a París. Pronto a cidade capital do Regnum Francórum foi pasando amplamente os seus lindeiros iniciais e na actualidade a illa non é máis que unha pequena parte da máis moderna megalópole metropolitana francesa. Aquel núcleo primeiro conserva moitas importantes construcións e monumentos antigos (é o casco antigo da cidade) e constitúe agora o distrito central parisiense chamado "La Cité".
Coñécese como A Illa de Francia ao territorio xenerosamente irrigado dos arredores de París (no val do Sena) que sen ser unha illa, está con todo aparentemente semicircundado por ríos. Devandita denominación do territorio data de finais da Dinastía Carolinxia (segunda Casa Real francesa) e inicios da Dinastía dos Capeto (terceira Casa Real francesa), cando -como consecuencia das continuas concesións feudais- a autoridade real efectiva quedou reducida practicamente a tan só pouco máis que o Condado de París. Desde alí, e coa súa expansión progresiva, iniciouse a reconstrución político-administrativa do Reino de Francia. Na actualidade é a base sobre a que se conformou a rexión homónima.
A Illa de Francia (Île-de-France), é unha rexión metropolitana francesa, cuxo centro é París, cidade que é tamén capital de Francia. Con 12 millóns de habitantes é a rexión máis populosa de toda a República Francesa.
Illa de Francia é o antigo nome con que os colonizadores franceses bautizaron a unha das dúas ínsulas principais do arquipélago das Mascareñas nas augas africanas do océano Índico (Illa de Francia e Illa de Borbón). Por un convenio, esta illa pasou á administración do Reino Unido, mais posteriormente independizouse e adoptou o nome de República de Mauricio. En tanto, a súa compañeira xeográfica (A Illa de Borbón), logo da Revolución Francesa adquiriu novo nome chamándose Illa da Reunión (é un departamento francés). Actualmente Mauricio (que é un pouco máis pequena que Reunión) é a máis poboada das illas Mascareñas.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Polinesia Francesa: Arquipélagos Da Sociedade, Tuamotu, Marquesas, Tubai (ou Austrais) e Gambier
-
Nova Caledonia (e Os Piñeiros) e Arquipélago Da Lealdade
-
Martinica
-
Mayotte
-
As illas Kerguelen, vistas desde o satélite
-
San Martín, vista desde o satélite
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fontes varias [Cómpre clarificar]
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 No ano 2006.
- ↑ 3,0 3,1 No ano 2008.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 No ano 2007.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 No ano 2004.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 No ano 2009.
- ↑ No ano 1999.
- ↑ A maior parte da Illa é francesa (sector setentrional) e a outra parte é holandesa (sector meridional). A extensión e a poboación indicadas corresponden únicamente á zona de soberanía francesa.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 No ano 2002.
- ↑ No ano 1996.
- ↑ Atol.
- ↑ Incluye laguna y arrecife.