Igrexa luterana evanxélica de Ingria
A Igrexa luterana evanxélica de Ingria (en ruso: Евангелическо-лютеранская церковь Ингрии; en finés: Inkerin evankelis-luterilainen kirkko) é unha igrexa luterana con actividade en Rusia. É a segunda maior igrexa luterana do país, con arredor de 75 congregacións e 15.000 fieis, e a súa actividade concéntrase nas rexións de Ingria e Carelia.[1]
Historia e características[editar | editar a fonte]
A igrexa foi estabelecida en 1992, logo da separación da Igrexa luterana evanxélica estoniana, aínda que a primeira parroquia luterana en Ingria foi fundada en 1611, e a Igrexa recoñece esta data como a da súa fundación. A súa historia está moi vencellada á do pobo ingrio, e a Igrexa segue a tradición luterana nórdica. É membro da Federación Luterana Mundial e do Concilio Luterano Internacional.[1][2]
Organización[editar | editar a fonte]
A Igrexa está organizada en sete comunidades dirixidas por un preboste: Ingria occidental, San Petersburgo, Carelia, Moscova, Volga, Ural, e Siberia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "The Evangelical Lutheran Church of Ingria in Russia". The Lutheran World Federation. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2018.
- ↑ "Evangelical Lutheran Church of Ingria". International Lutheran Council.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Páxina web oficial (en ruso) (en finés)
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |