Ignazio Abate
Ignazio Abate | |||
---|---|---|---|
Abate xogando co Milan en xullo de 2010. | |||
Información persoal | |||
Nome | Ignazio Abate | ||
Nacemento | 12 de novembro de 1986 (37 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sant'Agata de' Goti | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Información de club | |||
Club actual | Milan | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
Rescaldina | |||
1999–2004 | Milan | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2007 | Milan | 0 | (0) |
2004–2005 | → Napoli (cedido) | 29 | (2) |
2005–2006 | → Piacenza (cedido) | 13 | (0) |
2006–2007 | → Modena (cedido) | 38 | (1) |
2007–2008 | Empoli | 24 | (1) |
2008–2009 | Torino | 25 | (1) |
2009– | Milan | 146 | (1) |
Selección nacional | |||
2004 | Italia sub-18 | 3 | (0) |
2005 | Italia sub-19 | 2 | (1) |
2005–2006 | Italia sub-20 | 6 | (0) |
2006–2009 | Italia sub-21 | 10 | (1) |
2008 | Italia sub-23 | 8 | (1) |
2011– | Italia | 12 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de xaneiro de 2015. Selección: actualizado a 20 de xuño de 2014.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Ignazio Abate, nado o 12 de novembro de 1986 en Sant'Agata de' Goti, é un futbolista italiano. Xoga de lateral dereito e o seu club actual é o AC Milan. Ademais, é internacional na selección de Italia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
Abate comezou a xogar no modesto Rescaldina, antes de chegar á canteira do AC Milan en 1999.[1] Fixo o seu debut coma profesional na tempada 2003-04 nun partido da Copa de Italia contra a Sampdoria, o 3 de decembro de 2003. Fixo ademais o seu debut en competicións europeas o 9 de decembro, nun partido da fase de grupos da Liga de Campións contra o Celta de Vigo.
Entre 2004 e 2007, estivo cedido en varios equipos italianos, SSC Napoli, UC Sampdoria, Piacenza e Modena FC. Na tempada 2007-08, fichou polo Empoli FC e fixo o seu debut na Serie A.[2] Esa mesma tempada, anotou o seu primeiro gol na Serie A contra o Genoa CFC o 27 de abril de 2008. O seguinte ano fichou polo Torino FC, onde xogou 25 partidos e anotou un gol.
O 24 de xuño de 2009, o Milan trouxo de volta a Abate, e entrou no equipo para a tempada 2009-10. O 11 de febreiro de 2010, o Milan ofreceulle unha extensión de contrato ata 2014, e Abate asinou a renovación.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Milan
- Serie A: 2
- 2003–04, 2010-11
- Supercoppa Italiana: 1
- 2011
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Seconda Squadra 2003/2004". acmilan.com (en italiano). Associazione Calcio Milan. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2003. Consultado o 31 de agosto de 2010.
- ↑ "Empoli raid Rossoneri for trio". uefa.com (Union of European Football Associations). 28 de xuño de 2007. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
- ↑ "Abate and Antonini commit to Milan". uefa.com (Union of European Football Associations). 11 de febreiro de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil na web do AC Milan
- Perfil en Assocalciatori.it (en italiano)
- International caps at FIGC.it (en italiano)
- Perfil en ESPN Arquivado 28 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- Futbolistas olímpicos de Italia
- Defensas de fútbol
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores do Piacenza Calcio
- Xogadores do Modena FC
- Xogadores do Empoli FC
- Xogadores do Torino FC
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008