Henrique I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenrique I de Portugal

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1512 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1580 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Almeirim, Portugal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro dos Xerónimos Editar o valor em Wikidata
Monarca de Portugal
4 de agosto de 1578 – 31 de xaneiro de 1580
← Sebastián I de PortugalAntonio I de Portugal →
Arcebispo de Évora (pt) Traducir
15 de decembro de 1574 – 4 de xullo de 1578 – Teotónio de Bragança (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Évora (pt) Traducir
Arcebispo de Lisboa (pt) Traducir
21 de xuño de 1564 – 14 de novembro de 1569
← Fernando de Meneses Coutinho e Vasconcelos (pt) TraducirJorge de Almeida (pt) Traducir →
Rexente Reino de Portugal
1562 – 1568
← Catarina de AustriaSebastián I de Portugal →
Cardeal presbítero Santos Quatro Mártires Coroados (pt) Traducir
16 de decembro de 1545 (Gregoriano) –
Arcebispo de Évora (pt) Traducir
24 de setembro de 1540 – 4 de xullo de 1578
← Afonso de Portugal (pt) TraducirTeotónio de Bragança (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Évora (pt) Traducir
Arcebispo de Braga
30 de abril de 1533 –
← Diogo de Sousa (pt) TraducirDiogo da Silva (pt) Traducir →
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Inquisidor-mor de Portugal (pt) Traducir
Abade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Casto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPedro Nunes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAfonso de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de setembro de 1559conclave de 1559
15 de maio de 1555Conclave de maio de 1555 (pt) Traducir
5 de abril de 1555Conclave de abril de 1555 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
PaisManuel I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e María de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatriz de Portugal, Duquesa de Saboia (pt) Traducir, Maria de Portugal, Duquesa de Viseu (pt) Traducir, Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico, Afonso de Portugal (pt) Traducir, Fernando de Portugal, Duque da Guarda (pt) Traducir, Xoán III de Portugal, Duarte de Portugal, 4.º Duque de Guimarães (pt) Traducir, Luís de Portugal, Duque de Beja (pt) Traducir e Miguel da Paz Editar o valor em Wikidata
ParentesFernando II de Aragón (avó materno)
Isabel I de Castela (avoa materna) Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aviz-29 Find a Grave: 9748866 Editar o valor em Wikidata

Henrique I de Portugal, nado en Lisboa o 31 de xaneiro de 1512 e finado en Almeirim o 31 de xaneiro de 1580, foi un relixioso portugués, Rei de Portugal, tendo gobernado entre 1578 e a súa morte, 1580. Ás veces é chamado de Henrique II por algúns autores, en virtude de ser o segundo xefe de estado de Portugal chamado Henrique, téndose en liña de conta o Conde Henrique, por aqueles chamado Henrique I. É coñecido polos alcumes de O Casto (debido á súa función eclesiástica, que o impediu ter descendencia lexítima), O Cardeal-Rei (igualmente por ser eclesiástico) ou O Eborense/O de Évora (por ter sido tamén arcebispo daquela cidade e aí ter pasado moito tempo, e mesmo fundou a primeira Universidade de Évora, entregado á custodia dos Xesuítas), transformando Évora nun centro cultural importante.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Henrique era o quinto fillo home de Manuel I e da súa segunda muller María de Aragón, e era irmán máis novo do rei Xoán III. Como se comprende, Henrique non tivera a esperanza de subir ao trono.

Ben cedo na súa vida, Henrique recibiu o sacramento da orde, para promover os intereses portugueses na Igrexa Católica, na época dominada pola España. El subiu cedo na xerarquía da Igrexa, sendo rapidamente Arcebispo de Braga, primeiro arcebispo de Évora, arcebispo de Lisboa e aínda inquisidor maior antes de recibir o título de Cardeal, co título dos Catro Santos Coroados (1546). Aínda que nunca teña asistido a conclave ningún, chegou a ser apuntado como un dos favoritos a suceder no trono de San Pedro nos dous conclaves de 1555.

Despois da desastrosa Batalla de Alcácer-Quibir en 1578, despois de recibir a confirmación da morte do rei Sebastián de Portugal, no mosteiro de Alcobaça, acabou por suceder ao sobriño-neto. Henrique renunciou entón ao seu posto clerical e buscou inmediatamente unha noiva para así poder dar continuidade á dinastía de Avis, pero o Papa Gregorio XIII, que era un familiar dos Habsburgo, non o liberou dos seus votos.

Foi aclamado rei na igrexa do Hospital de Todos os Santos, no Rossio, sen grandes festexos. Caberíalle resolver o rescate dos moitos cativos en Marrocos. O reino, entón xubiloso pola xuventude que Sebastián líder, perdía o ánimo coa noticia e esixía vinganza ao rei que, con todo, enfermou.

Mesmo co serio problema da sucesión en mans, Henrique nunca aceptou a posibilidade de nomear o Prior do Crato, Antonio I de Portugal, outro seu sobriño, herdeiro do trono, pois non recoñecía a lexitimidade de Antonio. En consecuencia, despois da súa morte, de feito Antonio subiu ao trono pero non conseguiu mantelo, perdéndoo para o seu curmán Filipe II de España, na batalla co duque de Alba.