Henrietta H. Fore
Henrietta H. Fore Directora da US Mint (2001-2005) Directora executiva de UNICEF (2018-2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1948 (75 anos) Chicago. Illinois. Estados Unidos |
Executive director (en) UNICEF | |
1 de xaneiro de 2018 – | |
Under Secretary of State for Management (en) | |
2 de agosto de 2005 – 15 de novembro de 2007 | |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos | |
2001 – 2005 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Wellesley College. Universidade de Colorado do Norte. |
Actividade | |
Ocupación | Diplomática e alta funcionaria dos EEUU. |
Empregador | UNICEF (2018–) ONU |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019 |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
IMF 2019 Annual Meetings (en) | |
Henrietta Holsman Fore, nada en Chicago, Illinois, o 9 de decembro de 1948, é unha alta funcionaria e diplomática estadounidense, que foi directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (2001-2005) e directora executiva de UNICEF (2018-2022).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]
Fore naceu en Chicago o 9 de decembro de 1948,[1] filla de nai sueca e de pai estadounidense, participante na primeira guerra mundial.[2]
En 1966, Fore graduouse de ensino secundario na institución privada Baldwin School, en Bryn Mawr, Pensilvania. Posteriormente ingresou no Wellesley College, onde en 1970 acadou a súa graduación en Historia, Economía e Arte.[2] En 1975 obtivo un mestrado en Administración pública na Universidade de Colorado do Norte[3] En 1986 estudou Política Internacional na Universidade de Oxford e o ano seguinte formouse tamén na Escola de Negocios da Universidade Stanford.[4]
Carreira profesional[editar | editar a fonte]
Logo do período universitario, Fore comezou a traballar no Goberno federal dos EEUU, e tamén nunha empresa familiar, un pequeno negocio de fabricación no sector do aceiro, ao que estivo vinculada durante 12 anos.[2] Desde 1977 a 1989 foi a presidenta e directora de Stockton Wire Products en Burbank, California. Entre 1981 e 1989 presidiu tamén o consello de administración de Pozacorp, Inc., na mesma localidade.[5]
O 3 de outubro de 1991 foi nomeada administradora axudante da Axencia para o Desenvolvemento internacional.[1] Entre 1993 e 2017 foi tamén a presidenta da corporación de investimentos Holsman International.[3]
En agosto de 2001, o presidente George W. Bush nomeou a Henrietta H. Fore como trixésimo sétima directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint), a sexta muller en ocupar o posto.[4][6] Permaneceu no cargo ata agosto de 2005.[3][7]
Entre 2005 e 2007, Fore ocupou o posto de subsecretaria de Estado de Xestión e directora de operacións do Departamento de Estado dos Estados Unidos.[3]
De 2007 a xaneiro de 2009, foi nomeada administradora da Axencia dos EEUU para o Desenvolvemento Internacional (USAID, polas súas siglas en inglés),[5] e directora de Asistencia Exterior dos EEUU, cun rango equivalente ao dunha Subsecretaría de Estado.
En xaneiro de 2018, Fore ingresou na organización UNICEF como a súa nova directora executiva.[8] Nesta condición, Fore traballou en colaboración coa Coalición para as Innovacións na Preparación ante Epidemias (GAVI, polas súas siglas en inglés), e coa Organización Mundial da Saúde, entre outros organismos, para facilitar a vacinación contra a pandemia de COVID-19.[2] Fore dimitiu do seu cargo en UNICEF a finais de 2021 para atender un grave problema de saúde do seu marido.[2]
Ao longo da súa carreira profesional, Henrietta H. Fore formou tamén parte da direccióne de diversas empresas e outras entidades tanto estadounidenses e como internacionais; entre outras, presidiu a Asia Society e a Middle East Investment Initiative, copresidiu a Women Corporate Directors e integrou os consellos de administración do Center for Strategic and International Studies (CSIS), o Aspen Institute, o Committee Encouraging Corporate Philanthropy (CECP), o Center for Global Development (CGD) e a Overseas Private Investment Corporation. [3]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- 2005: Premios Alexander-Hamilton, do Departamento do Tesouro.[3]
- 2009: Premio ao Servizo Distinguido, da Secretaría de Estado dos EEUU.[9]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Fore casou, durante o seu derradeiro curso na universidade, con Richard L. Fore, con quen ten catro fillos.[1]
Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]
- (1994). "Lean Development and the Privatization of U.S. Foreign Assistance". En The Washington Quarterly. Vol. 17. Nº 1.
- (2018). "Primary health care for the 21st century, universal health coverage, and the Sustainable Development Goals" (con T. A. Ghebreyesus et al.). En The Lancet. 392 (10156): 1371-1372.
- (2019). "Health for all" (con S. Berkley). En Science. 364 (6438): 309.
- (2020). "A wake-up call: COVID-19 and its impact on children's health and wellbeing". En The Lancet Global Health. 8 (7): e861e862.
- (2020). "Child malnutrition and COVID-19: the time to act is now" (con Qu Dongyu et al.). En The Lancet. 396 (10250): 517-518.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Nomination of Henrietta H. Fore [...]". Weekly Compilation of Presidential Documents. 7 de outubro de 1991. Páxina 1.392.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Baumberger Crane, B. (2020). "Interview with Henrietta Holsman Fore, Executive Director, UNICEF". En Wellesley Magazine.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Biography: Henrietta H. Fore". Unicef.
- ↑ 4,0 4,1 "Henrietta Holsman Fore Sworn in as Director of U.S. Mint". United States Mint. 7 de agosto de 2001.
- ↑ 5,0 5,1 "Nomination of Henrietta H. Fore To Be an Assistant Administrator at the Agency for International Development". George H.W. Bush Library & Museum. 3 de outubro de 1991.
- ↑ McPike, S. (2015). "Six Women Who Have Led the United States Mint". United States Mint News. 18 de marzo.
- ↑ "Henrietta Fore becomes new UNICEF Executive Director". Unicef. 1 de xaneiro de 1918.
- ↑ "UNICEF welcomes announcement of next Executive Director". Unicef.org
- ↑ "Henrietta Fore Arquivado 01 de outubro de 2019 en Wayback Machine.". The American Academy of Diplomacy (AAD).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrietta H. Fore |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Jay W. Johnson |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 2001 - 2005 |
Sucesor: Edmund C. Moy |