Helenos (Gallaecia)
Os helenos[1] (en latín: Heleni) eran unha tribo galaica, documentada por Plinio o Vello[2], a quen denomina heleni, e que darían o seu nome á cidade de Helenos, mencionada por Estrabón.[3][4]
Plinio sitúaos ó sur dos cilenos,[5] marcando a súa fronteira o río Lérez polo norte e a ría de Vigo polo sur.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definición de heleno no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Plinio o Vello, Historia Naturalis IV.112.
- ↑ Estrabón, Geographica IV.3.3.
- ↑ Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22: 62.
- ↑ Vestixios da cultura castrexa e romana, no sitio web do concello.