Hans Monderman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHans Monderman

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1945 Editar o valor em Wikidata
Leeuwarden, Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Ureterp, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortecancro de próstata Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro civil , Q1385972 Traducir , enxeñeiro , arquitecto Editar o valor em Wikidata

Hans Monderman, nado en Ljouwert o 19 de novembro de 1945 e finado en Oerterp o 7 de xaneiro de 2008, foi un enxeñeiro e urbanista frisón.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Monderman desenvolveu case toda a súa vida profesional como enxeñeiro de tráfico en vilas e pequenas cidades de Frisia, formulando un modelo de regulación do tráfico rodado que sería coñecido como o "modelo Monderman". En 1969 entrou a traballar como enxeñeiro civil e como controlador de tráfico na provincia neerlandesa de Frisia, e mantivo esa ocupación, en distintos postos e lugares (Smallingerland, Groningen, Drenthe...), ata o remate da súa vida.

O seu modelo incluía o redeseño do ambiente urbano (iluminación, mobiliario etc.), a redución drástica de sinalización e de elementos coercitivos (bandas rugosas, semáforos, chicáns etc.) e a substitución de cruzamentos por rotondas, para que os distintos integrantes do espazo público tivesen que convivir e autorregulasen as súas prácticas. O seu modelo de mobilidade pode contemplarse en funcionamento en ata un cento de poboacións de Frisia e o resto dos Países Baixos. O seu modelo, a través do programa Shared Space, estase a poñer en práctica internacionalmente, en Suffolk (Inglaterra), Oostende (Bélxica), Bohmte (Alemaña) ou Ejby (Dinamarca), entre outras cidades.

Faleceu cando aínda non se xubilara, de cancro de próstata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]