Guinness Premiership 2007-2008
Aviva Premiership | |
---|---|
Fundación | 1987 |
Rexión | Inglaterra |
Equipos | 12 |
Actual campión | Harlequins (1º título) |
Máis laureado | Leicester (9 títulos) |
Sitio web | Páxina oficial |
Tempada 2012-2013 |
A tempada 2007-2008 da Guinness Premiership foi a vixésimo primeira edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga tomaba o nome Guinness do seu principal patrocinador, unha importante cervexeira irlandesa.
Formato da competición[editar | editar a fonte]
O torneo estivo composto por 12 equipos, e tivo un formato segundo o cal os equipos tiñan que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfrontase ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante. Posteriormente os 4 primeiros equipos da táboa pasaron a disputar a fase final de eliminatorias polo título.
O sistema de puntuación que se aplicou foi o seguinte:
- 4 puntos pola vitoria.
- 2 puntos polo empate.
- 0 punto pola derrota.
- 1 punto bonus por anotar 4 ensaios ou máis nun encontro (BO).
- 1 punto bonus por perder un encontro por 7 puntos ou menos de diferenza (BD).
A liga comezou o 15 de setembro de 2007, e rematou o 31 de maio de 2008 coa gran final disputada no Estadio de Twickenham, en Londres.
Táboa[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Posto | Equipo | Puntos | Xogados | Gañ. | Emp. | Per. | BO | BD | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º | Gloucester | 74 | 22 | 15 | 0 | 7 | 7 | 7 | |||||||
2º | Wasps | 70 | 22 | 14 | 2 | 6 | 7 | 3 | |||||||
3º | Bath | 69 | 22 | 15 | 0 | 7 | 6 | 3 | |||||||
4º | Leicester | 64 | 22 | 13 | 0 | 9 | 6 | 6 | |||||||
5º | Sale | 63 | 22 | 14 | 0 | 8 | 4 | 3 | |||||||
6º | Harlequins | 63 | 22 | 12 | 0 | 10 | 7 | 8 | |||||||
7º | Irish | 59 | 22 | 13 | 0 | 9 | 2 | 5 | |||||||
8º | Saracens | 52 | 22 | 11 | 0 | 11 | 3 | 5 | |||||||
9º | Bristol Sancionado con 1 punto | 37 | 22 | 7 | 1 | 14 | 3 | 5 | |||||||
10º | Worcester | 37 | 22 | 6 | 2 | 14 | 1 | 7 | |||||||
11º | Newcastle | 34 | 22 | 7 | 0 | 15 | 1 | 5 | |||||||
12º | Leeds | 12 | 22 | 2 | 1 | 19 | 0 | 2 | |||||||
<<<< 2006/07 — Tempadas — 2008/09 >>>> En azul os equipos de play offs polo título (1º, 2º, 3º e 4º). |
Semifinais e final[editar | editar a fonte]
Semifinais | Final | ||||||
18 de maio, Gloucester | |||||||
1º. Gloucester | 25 | ||||||
4º. Leicester | 26 | ||||||
31 de maio, Londres | |||||||
4º. Leicester | 16 | ||||||
2º. Wasps | 26 | ||||||
18 de maio, High Wycombe | |||||||
2º. Wasps | 21 | ||||||
3º. Bath | 10 |