Gran Premio de Detroit de 1988

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Estados Unidos de 1988
Detalles da carreira
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1988.
Trazado do circuíto de Detroit.
Trazado do circuíto de Detroit.
Data 19 de xuño de 1988
Nome oficial VII Gran Premio de Detroit
Localización Circuíto urbano de Detroit
Detroit, Míchigan
Percorrido Circuíto urbano
4´023 km
Distancia 63 voltas, 253´449 km
Climacálido e asollado con temperaturas de ata 33´3 °C; ventos de ata 17´9 km/h[1]
Pole position
Piloto Ayrton Senna McLaren-Honda
Tempo 1:40.606
Volta rápida
Piloto Francia Alain Prost McLaren-Honda
Tempo 1:44.836 na volta 4
Podio
Primeiro Ayrton Senna McLaren-Honda
Segundo Francia Alain Prost McLaren-Honda
Terceiro Bélxica Thierry Boutsen Benetton-Ford

O Gran Premio de Detroit de 1988 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 19 de xuño de 1988 en Detroit, Míchigan. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1988 e o sétimo Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 253 quilómetros.

Resumo[editar | editar a fonte]

A terceira vitoria da tempada de Ayrton Senna fixo que foran seis de seis para McLaren en 1988, no camiño dunha marca de 15 vitorias e dez dobretes en 16 carreiras. A vitoria de Senna correspondíase co total da tempada do seu compañeiro Alain Prost, que terminou 38 segundos por detrás do brasileiro no segundo lugar. Thierry Boutsen chegou terceiro co Benetton, como o fixera unha semana antes en Canadá e Andrea de Cesaris anotou os primeiros puntos para o equipo Rial ao terminar en cuarto lugar. Minardi tamén anotou o seu primeiro punto co sexto lugar de Pierluigi Martini.

Coa intención de eliminar os motores turboalimentados antes de 1989, e a súa eficacia limitada polos cambios nas regras para o ano 1988, poucos equipos optaron por desenvolver totalmente novos equipamentos que só usarían unha tempada. Só Honda, que pasouse a McLaren despois de lograr o título de Construtor con Williams e Ferrari desenvolveron novos motores para satisfacer as regras revisadas para o turbo reducindoo de 4 bares a 2,5, e a capacidade de combustible reducida de 195 a 150 litros (a repostaxe prohibiuse desde 1984 ata 1993), e só McLaren desenvolveu un chasis completamente novo. Aínda que as novas normas estaban destinadas a reducir ou eliminar a brecha de rendemento entre os turbos e os motores normalmente aspirados, Honda e Ferrari foron capaces de lograr unha vantaxe de 50 horsepower (37 kW) sobre o mellor equipo de 3.5 litros dos rivais. Con ese tipo de diferenza de potencia, o único chasis novo da pista, con Senna e Prost ao volante, McLaren converteu rapidamente a tempada nun espectáculo de dous homes.

as axustadas curvas de 90 grados de Detroit e as seccións de rectas curtas deron en varias ocasións unha oportunidade aos coches "atmo" de pouca potencia durante a éra do turbo, algúns equipos esperaban que este peculiar circuíto daríalles algunha oportunidade. Senna logrou a vixésimo segunda pole da súa carreira por máis de oito décimas, pero os Ferrari de Gerhard Berger e Michele Alboreto, lograron situarse diante de Prost, que foi cuarto. Todos os equipos tiñan a esperanza de temperaturas máis frías para a carreira do domingo, despois de que a pista comezara a romper durante a cualificación (acelerada por unha carreira Trans-Am o sábado). Como era de esperar houbo presións dos equipos de F1 para que se cancelara a Trans-Am, pero con esa serie tiñan a cobertura televisiva garantida de cada rolda (dos que Detroit era unha parte), polo que a carreira seguiu adiante e como se temía, os potentes e pesados coches rasgaron a superficie da pista aínda máis. As precipitadas reparacións de formigon fixeron a superficie extremadamente abrasiva para os pneumáticos de composto brando que trouxeran a maioría dos equipos, polo que víronse obrigados a reconsiderar os seus plans dunha carreira sen parar. O domingo pola mañá, Berger dixo, "Realmente, creo que o día de hoxe é unha lotería ...." Entón, recordando que perderan as cinco primeiras carreiras, agregou, "... o que probablemente dános a mellor oportunidade da tempada."

Diante de 61.000 fans o día da carreira, Senna tomou o liderado indiscutible na primeira curva. Os Ferrari seguirono, con Prost detrás. Nas tres primeiras voltas, os catro líderes marcharon xuntos bastante preto, pero cara ao final da cuarta volta, a vantaxe de Senna foise a máis de dous segundos. Prost conseguiu pasar a Alboreto na volta cinco, e a Berger na sexta volta, pero nese momento, Senna estaba máis de seis segundos por diante.

Non pasou moito tempo para que o desafío de Ferrari esfumárase. Na sétima volta, xa pasado Alboreto, Boutsen tamén intentou pasar a Berger, o seu Benetton golpeou a roda traseira esquerda do Ferrari, picandolle o pneumático, Berger tivo que abandonar. Dúas voltas máis tarde, Alessandro Nannini intentou pasar a Alboreto. Nannini meteuse polo interior, pero cando Alboreto tratou de pechar a porta, os coches tocáronse e o Ferrari saltou no aire e logo trompeou. Alboreto netrou nos pits para cambiar pneumáticos e comprobar as cousas, a continuación, fixo algunhas voltas incribles e escalou ata a sétima posición antes de trompear de novo na volta 46 e abandonar.

Ao parecer, nun primeiro momento, Nannini escapara ileso do contacto, pero na volta 15, enfrontouse coa suspensión dianteira dereita danada e os freos fallando. O problema cos freos "era realmente a causa do problema con Michele," explicou. "Case desde o principio, eu tiña que bombear o pedal. Se os freos estiveran ben, creo que o podería evitalo."

Calquera esperanza dunha ameaza para os McLaren esfumárase no primeiro cuarto da carreira. Os coches vermellos e brancos, con Senna oito segundos por diante, parecían estar libres de preocupacións. De feito, Prost estivera loitando toda a carreira co seu cambio de marchas. "Foi estraño- a caixa de cambios sentíase coma se se gripara O peor era cambiar de cuarta a quinta, creo que perdín a marcha correcta polo menos unha vez por volta ata o final."

Cos Ferrari e Nannini fora, Nigel Mansell tomou a cuarta posición para Williams. O motor Judd sufrira durante toda a tempada problemas de sobre quecemento, e cunha temperatura media de 90º, non tiña moitas posibilidades de terminar a carreira. Efectivamente, na volta 19, "a luz vermella acendeuse, é o final, o motor acaba de cortar." O seu compañeiro de equipo Riccardo Patrese asumiu cuarta posición ata a volta 27, cando pasoulle o mesmo. Quitouse e aparcou á beira da barreira, xusto detrás de Mansell.

Pierluigi Martini, pilotando o seu primeiro Gran Premio en case tres anos, correu moi ben co Minardi e logrou á quinta posición na volta 35 cando Maurício Gugelmin de March retirouse. Probablemente terminaría alí, se non fóra pola actuación implacable e a resilencia de Jonathan Palmer no Tyrrell. Palmer tocárase con Stefano Modena no EuroBrun na primeira volta, o que resultou nunha parada para substituír o morro do coche, e quedando en último lugar por unha marxe considerable. Na volta 47, traballara o seu camiño nos puntos, e nas últimas voltas, era o coche máis rápido no circuíto. Palmer logrou os dous puntos do quinto posto foron a súa recompensa polo que probablemente foi a actuación máis impresionante da carreira.

Senna e Prost ambos tiñan tempo para facer paradas para poñer pneumáticos novos, e Senna liderou as 63 voltas. Prost fixara a volta rápida da carreira na volta catro, pero nunca puido realmente desafiar ao brasileiro para o liderado, e sabía que tería que conformarse co segundo lugar, terminou 38,7 segundos por detrás. Prost dixo: "A través dos anos desenvolvín un estilo de condución que implica o freado no vértice da curva. Non creo que a maioría dos pilotos o fagan, pero a min me funciona. Pero hoxe sobre esta superficie era imposible facelo sen sairse recto. Así que tiven que cambiar toda a miña forma de pilotar, frear cuidadosamente en liña recta, para a continuación, virar. Sen escusa, entendes, isto significa adaptarse, facendo algo, que non é o meu estilo natural". Ningún dos outros sete finalistas estivo na volta do líder ao final.

Os pilotos declaráronse abertamente sobre a súa aversión á carreira, e despois o gañador Senna dixo que pilotara tan lentamente nas últimas voltas, porque a pista estaba rompendo e era tan difícil como conducir con choiva forte. Senna, Prost e Boutsen dixeron en entrevistas posteriores á carreira que a carreira fora desagradable e a Fórmula Un necesitaba competir noutro lugar da cidade se realmente quería quedar en Detroit. Malia que houbo algunhas negociacións para trasladar a carreira só unhas poucas millas máis a outro circuíto urbano en Belle Isle, estes plans en última instancia, non se concretaron,[2] e, efectivamente, esta foi o último Gran premio de Fórmula Un de Detroit, despois de que a FIA declarara que os boxes temporais non eran aptos para os estándares establecidos. A F1 trasladouse a 3.200 km de distancia alén do país a un circuíto urbano en Phoenix (Arizona) para os seguintes 3 anos, ese evento coñeceuse oficialmente como o Gran Premio dos Estados Unidos.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 diferenza
1 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:40.606 1:41.719
2 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 1:42.283 1:41.464 +0.858
3 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:43.925 1:41.700 +1.094
4 11 Francia Alain Prost McLaren-Honda 1:42.019 1:43.420 +1.413
5 20 Bélxica Thierry Boutsen Benetton-Ford 1:45.718 1:42.690 +2.084
6 5 Nigel Mansell Williams-Judd 1:43.458 1:42.697 +2.091
7 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:43.117 1:45.345 +2.511
8 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 1:44.352 1:43.314 +2.708
9 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 1:44.614 1:43.799 +3.193
10 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Judd 1:43.810 1:45.016 +3.204
11 14 Francia Philippe Streiff AGS-Ford 1:44.204 1:44.743 +3.598
12 22 Italia Andrea de Cesaris Rial-Ford 1:45.866 1:44.216 +3.610
13 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:44.474 1:53.243 +3.868
14 30 Francia Philippe Alliot Lola-Ford 1:44.590 3:40.532 +3.984
15 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 1:45.159 1:44.948 +4.342
16 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:47.094 1:45.049 +4.443
17 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:45.268 1:45.662 +4.662
18 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 1:45.275 1:47.135 +4.669
19 33 Italia Stefano Modena EuroBrun-Ford 1:45.304 +4.698
20 25 Francia René Arnoux Ligier-Judd 1:45.437 1:47.483 +4.831
21 36 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 1:47.493 1:45.750 +5.144
22 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford 1:46.286 1:47.801 +5.680
23 32 Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 1:46.390 1:48.116 +5.784
24 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Ford 1:46.422 1:46.447 +5.816
25 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:48.186 1:46.593 +5.987
26 21 Italia Nicola Larini Osella 1:46.623 1:51.623 +6.017
NSC 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda 1:47.243 1:49.353 +6.637
NSC 10 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed 1:48.423 1:48.249 +7.643
DNQ 9 Italia Piercarlo Ghinzani Zakspeed 1:48.925 1:48.990 +8.319
NTS 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 1:45.546 +4.940
NSCP 31 Italia Gabriele Tarquini Coloni-Ford

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Ayrton Senna McLaren-Honda 63 1:54:56.035 1 9
2 11 Francia Alain Prost McLaren-Honda 63 + 38.713 4 6
3 20 Bélxica Thierry Boutsen Benetton-Ford 62 + 1 volta 5 4
4 22 Italia Andrea de Cesaris Rial-Ford 62 + 1 volta 12 3
5 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 62 + 1 volta 17 2
6 23 Italia Pierluigi Martini Minardi-Ford 62 + 1 volta 16 1
7 29 Francia Yannick Dalmas Lola-Ford 61 + 2 voltas 24
8 36 Italia Alex Caffi Dallara-Ford 61 + 2 voltas 21
9 4 Julian Bailey Tyrrell-Ford 59 Trompo 22
Ret 24 España Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 54 Caixa de cambios 25
Ret 30 Francia Philippe Alliot Lola-Ford 46 Palier 14
Ret 33 Italia Stefano Modena EuroBrun-Ford 46 Trompo 19
Ret 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 45 Colisión 3
Ret 25 Francia René Arnoux Ligier-Judd 45 Temperatura 20
Ret 15 Maurício Gugelmin March-Judd 34 Motor 13
Ret 6 Italia Riccardo Patrese Williams-Judd 26 Eléctrico 10
Ret 1 Nelson Piquet Lotus-Honda 26 Trompo 8
Ret 32 Oscar Larrauri EuroBrun-Ford 26 Caixa de cambios 23
Ret 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 24 Trompo 9
Ret 5 Nigel Mansell Williams-Judd 18 Motor 6
Ret 14 Francia Philippe Streiff AGS-Ford 15 Suspensión 11
Ret 19 Italia Alessandro Nannini Benetton-Ford 14 Suspensión 7
Ret 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 14 Eléctrico 15
Ret 21 Italia Nicola Larini Osella 7 Motor 26
Ret 28 Austria Gerhard Berger Ferrari 6 Picada 2
Ret 26 Stefan Johansson Ligier-Judd 2 Temperatura 18
NTS 16 Italia Ivan Capelli March-Judd 0 Lesionado ;
NSC 2 Satoru Nakajima Lotus-Honda
NSC 10 Alemaña Bernd Schneider Zakspeed
NSC 9 Italia Piercarlo Ghinzani Zakspeed
NSCP 31 Italia Gabriele Tarquini Coloni-Ford
Fonte:[3]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1988
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1988
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1988
Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1987
Gran Premio de Detroit Carreira seguinte:
Non houbo

Notas[editar | editar a fonte]

  • Ivan Capelli rompeuse un óso do seu pé esquerdo cando se estrelou contra o muro de boxes durante a práctica do sábado, logo de lograr na cualificación do venres o posto 21 na grella. Nicola Larini subiu así ata o último posto da grella.
  1. "1988 Detroit Grand Prix weather information". The Old Farmers' Almanac. 2014-09-07. 
  2. http://www.f1archives.com/blog/archives/detroit88
  3. "1988 United States Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 18 January 2015. Consultado o 23 December 2015. 

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Nigel Roebuck (23 de xuño de 1988). "Detroit GP: Makes You Six!". Autosport, 30-41.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]