Gonzalo Gómez Caridad
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 A Coruña, España |
Morte | 15 de novembro de 2007 (87/88 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Gonzalo Gómez Caridad, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 15 de novembro de 2007, foi un antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado e participou na guerra no bando franquista. Funcionario do Concello da Coruña. Embarcou en 1948 coa súa muller no “Marques de Comillas” rumbo a Venezuela. Fixeron unha parada na Habana para visitar a familia de Jesús Vázquez Gayoso. En Caracas entrou en contacto cos exiliados galegos Xosé Velo Mosquera e Xoán Noya. Participou na fundación do Lar Gallego en 1948 e foi secretario da xunta directiva que presidiu Xosé Velo. Fixo viaxes constantes a Galicia, algún que durou dous anos (entre 1956 e 1959). Na súa derradeira etapa estivo no interior de Venezuela, no estado Barinas e na cidade de Valencia, capital do estado Carabobo. En Barinas tivo unha ferraxería, foi secretario de Cultura da Irmandade Galega de Valencia e editou a revista Aturuxo. Colaborou co periódico A Nosa Terra e no xornal electrónico venezolano Aporrea. Pouco antes de morrer escribiu e editou electronicamente as súas memorias da guerra civil co título Renacer de esperanzas, nas que o protagonista, Antón Dopazo (heterónimo de Gonzalo), describe a súa participación na guerra no lado faccioso en oposición aos seus ideais progresistas e democráticos. Finou na Coruña o 15 de novembro de 2007.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- Renacer de esperanzas. Memoria de Antón Dopazo en la Guerra Civil Española, 2004.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Josefa Freire Patiño, e foi pai de Gonzalo Gómez Freire.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-11-2007, p. 51.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gonzalo Gómez Caridad (1919-2007), in memoriam na Enciclopedia da emigración galega.