"Go Right Ahead" é unha canción da banda sueca de garage rockThe Hives, publicada como primeiro sinxelo do seu álbum Lex Hives o 3 de abril de 2012. Foi editado como descarga dixital a través de distintas plataformas como iTunes e Spotify. Tamén foi lanzado nunha edición limitada en vinilo de 7" para o Record Store Day o 21 de abril.