Gerard Piqué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerard Piqué

(2015, Qatar) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Gerard Piqué i Bernabeu Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Kosmos Holding (en) Traducir
2017 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónLa Salle Bonanova (pt) Traducir
Ashton-on-Mersey School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,94 m Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , empresario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade26 de outubro de 2004 Editar o valor em Wikidata - 5 de novembro de 2022 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua catalá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League e Primeira División Española Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
1997-2004 Futbol Club Barcelona
2004-2006 Manchester United F.C. Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2004-2008 Manchester United F.C. (defensa)12(0)
2006-2007cesión Real Zaragoza 22(2)
2008-2022 Futbol Club Barcelona (defensa)397(29) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2002-2003   Selección de fútbol sub-16 de España 7(2)
2004-2019   Selección de fútbol de Cataluña (defensa)10(0)
2004-2004   selección de fútbol sub-17 de España 8(3)
2006-2006   Selección de fútbol sub-19 de España 8(3)
2006-2008   Selección de fútbol sub-21 de España 12(1)
2007-2007   selección de fútbol sub-20 de España 5(1)
2009-2018   España 102(5) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
2009Copa Confederacións Suráfrica 2009 Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaClara Chia Martí (pt) Traducir (2022–)
Shakira (2010–2022) Editar o valor em Wikidata
FillosMilan Piqué Mebarak
 () Shakira
Sasha Piqué Mebarak
 () Shakira Editar o valor em Wikidata
NaiMontserrat Bernabeu i Guitart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgerardpique.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3357594 Facebook: 3GerardPique Twitter: 3gerardpique Instagram: 3gerardpique Youtube: UCIf0t1O80NbdV5uMLY6Qp_g FIFA: 216973 UEFA: 93148 Editar o valor em Wikidata

Gerard Piqué i Bernabéu, nado en Barcelona o 2 de febreiro de 1987, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Fútbol Club Barcelona. Foi o terceiro futbolista, tras Marcel Desailly e Paulo Sousa, en lograr gañar a Liga de Campións da UEFA dous anos seguidos con dous equipos diferentes,[1] no 2008 co Manchester United e no 2009 co Barcelona.

Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Xogou en todas as categorías inferiores do FC Barcelona, con todo asinou o seu primeiro contrato profesional co Manchester United un dos clubs do fútbol profesional inglés onde se puido formar como profesional.

Manchester United[editar | editar a fonte]

Debutou co primeiro equipo do Manchester United en outubro de 2004 substituíndo a John O'Shea na vitoria do equipo red por 0-3 ante o Crewe Alexandra, na terceira rolda da Carling Cup[3],

Asinou o seu segundo contrato cos ingleses en febreiro de 2005, logo de ter varias boas actuacións no equipo reserva do equipo de Manchester. O seu debut como titular no primeiro equipo chegou o 26 de marzo de 2006, nun partido de Premier League ante o West Ham United.

Real Zaragoza[editar | editar a fonte]

No verán de 2006, o Manchester United e o Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión do xogador por unha tempada. Xogou 22 encontros de titular co equipo zaragozano, formando no centro da defensa xunto ao arxentino Gabriel Milito. Tamén actuou na posición de mediocentro defensivo con solvencia. Finalizan na 6ª posición clasificándose así para disputar a Copa da UEFA.

Volta ao Manchester United[editar | editar a fonte]

O Manchester anunciou en maio de 2007 que Piqué volvería á entidade inglesa tras a súa boa tempada en España[4]. Piqué entrou a formar parte do primeiro equipo. Marcou o seu primeiro gol na Liga de Campións da UEFA o 7 de novembro de 2007, ante o Dynamo de Kíiv de Ucraína na fase de grupos. Volveu marcar en devandita competición o 12 de decembro, fronte ao AS Roma. Esa tempada conseguiu o título da Premier League co Manchester United e tamén a Liga de Campións da UEFA da tempada.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O 27 de maio de 2008, Piqué asinou un contrato de 4 anos co FC Barcelona cunha cláusula de 50 millóns de euros[5]. Da man do técnico Pep Guardiola, Piqué converteuse nun dos activos máis importantes para a defensa "azulgrana". O equipo catalán asinou unha primeira volta histórica, conseguindo 50 puntos.

O 2 de maio de 2009 anotou o sexto gol na goleada por 2-6 que o FC Barcelona conseguiu fronte ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu.

O 13 de maio de 2009 foi titular na final onde o seu equipo proclamouse campión da Copa do Rei, partido que venceu o club blaugrana por 1-4 enfrontándose ao Athletic Club de Bilbao. O 16 de maio de 2009, gañou o seu primeiro título de Primeira División de España, ao perder o Real Madrid por 3-2 fronte ao Villarreal CF, sendo campión matematicamente o FC Barcelona.

Esa mesma tempada, o 27 de maio de 2009 formaría parte do once titular do FC Barcelona que disputou a final da Liga de Campións da UEFA, precisamente contra o seu exequipo, o Manchester United, no Estadio Olímpico de Roma. O FC Barcelona venceu por 2-0, conseguindo así Piqué a súa segunda UEFA Champions League consecutiva grazas aos goles de Eto'o e o arxentino Messi.

O 26 de febreiro de 2010, Gerard Piqué renovou[6] o seu contrato co FC Barcelona ata 2015 cunha cláusula de rescisión de 200 millóns de euros.

Internacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en 14 ocasións coa selección de España. Debutou, como titular, o 11 de febreiro de 2009 nun partido amigable ante Inglaterra no Ramón Sánchez Pizjuán, Sevilla. O 28 de marzo de 2009, no seu segundo partido internacional, no Estadio Santiago Bernabéu ante Turquía, anotou o seu primeiro gol coa camiseta de a vermella.

O 11 de xullo de 2010 xogou a final do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, proclamándose campión. Gerard Piqué, Iker Casillas e Joan Capdevila foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os partidos do Mundial.

Tamén xogou en 3 ocasións coa Selección de fútbol de Cataluña, aínda que sen marcar ningún gol. A última ocasión foi o 22 de decembro de 2009 contra a Selección Arxentina de fútbol onde gañaron 4-2 baixo as ordes de Johann Cruyff.

Clubs[editar | editar a fonte]

Actualizado o 15 de maio de 2010

Club País Ano Partidos Goles
Manchester United Inglaterra 2004 - 2006 3 0
Real Zaragoza España 2006 - 2007 28 3
Manchester United Inglaterra 2007 - 2008 12 2
FC Barcelona España 2008 - presente 87 7

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
League Cup Manchester United Inglaterra 2006
Community Shield Manchester United Inglaterra 2007
Premier League Manchester United Inglaterra 2008
Copa do Rei FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Liga de España FC Barcelona España 2011
Copa do Rei FC Barcelona España 2012
Liga de España FC Barcelona España 2013

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Campionato de Europa Sub-19 Selección sub-19 España 2006
Liga de Campións da UEFA Manchester United Inglaterra 2008
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona España 2009
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona Abu Dabi 2009
Copa Mundial de Fútbol Selección española Suráfrica 2010

Distincións Individuais[editar | editar a fonte]

Vida privada[editar | editar a fonte]

O pai de Piqué, Joan é avogado e a súa nai Montserrat é directora dun hospital.[7] O seu avó, Amador Bernabéu, foi vicepresidente do FC Barcelona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FCBarcelona.com - Tres títulos e un montón de curiosidades". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 28 de maio de 2009. 
  2. Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe a historia". 
  3. "BBC.com - Crewe 0-3 Man Utd". Consultado o 26 de outubro de 2004. 
  4. "manutd.com - Pique set for OT return". Consultado o 5 de maio de 2007. 
  5. "FCBarcelona.com - Piqué volve a casa". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2008. Consultado o 27 de maio de 2008. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010. 
  7. "Gerard Piqué is back at Camp Nou, the man with Barcelona in his DNA". 25 de Maio 2009. Consultado o 31 de Maio 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]