Gamba branca
Gamba branca Parapenaeus longirostris | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A gamba branca,[2][3] ou gamba propiamente dita,[4] Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846),[1] é un crustáceo decápodo da familia dos peneidos que ten o seu hábitat nas costas do Atlántico, tanto occidental, desde Massachusetts á Güiana Francesa, como oriental (incluíndo o Mediterráneo) desde Galicia até Angola.[5][6] Abunda na zona do Golfo de Cádiz, concretamente na costa da Provincia de Huelva.
Características[editar | editar a fonte]
Presenta un rostro convexo na súa metade basal, cóncavo, aplanado polo lateral e lixeiramente dirixido cara a arriba.
O seu bordo inferior é inerme e o superior mostra sete dentes na parte convexa.
O rostro continúa nunha carena que chega até o bordo posterior da casca, nesta se encontra un dente característico.
Aos lados da casca apréciase unha sutura lonxitudinal.
O telson é estreito e de forma apuntada con tres dentes fixos.
É de tonalidade rosa pálida excepto na rexión gástrica onde, debido á súa translucidez, parece violeta.
Pode alcanzar até os 20 cm de lonxitude.
Habita en solos areosos de entre os 180 e os 450 m de profundidade.
Produto alimenticio[editar | editar a fonte]
Adoita capturarse na costa de Huelva (España), na de Marrocos e nalgunhas zonas do Mediterráneo de maneira artesanal. Tamén se captura en Galicia.[4]
Pola súa predilección especial na cociña é común encontrar nos mercados interiores outro tipo de gamba baixo outra denominación.
Adoita prepararse cocida e agregándolle sal gordo, ou pelada en tortillas e en ensalada rusa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846) no WoRMS.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 121. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
- ↑ Lahuerta e Vázquez (2000), p. 229.
- ↑ 4,0 4,1 Ríos Panisse (1977), p. 44.
- ↑ Parapenaeus longirostris (Lucas, 1847) en FAO. adriamed (en inglés)
- ↑ Gambero rosa del Mediterraneo (o bianco) - Parapenaeus longirostris Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine. en Il Mare d'Amare (en italiano).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gamba branca |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gamba branca |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
- Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary".
- Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF.
- Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán)
- http://www.faoadriamed.org/html/Species/ParapenaeusLongirostris.html Parapenaeus longirostris (Lucas, 1847)] en FAO. adriamed (en inglés) Abundante información.
- Gambero rosa del Mediterraneo (o bianco) - Parapenaeus longirostris en Il Mare d'Amare (en italiano) Información e numerosas fotos.