Galicia Libre (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Libre
editar datos en Wikidata ]

Galicia Libre foi unha publicación periódica de inspiración anarquista editada en Madrid entre 1937 e 1939.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Órgano da Agrupación de Gallegos Libertarios, apareceu o 20 de setembro de 1937. Foi unha publicación primeiro decenal e despois quincenal dirixida por Samuel Gómez González, o líder da Agrupación de Gallegos Libertarios. A partir do número 22 (do 15 de maio de 1938) pasou a subtitularse Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. A comezos de 1939 trasladouse a Valencia, onde se imprentaron os dous últimos números. Entre os seus colaboradores figuraron Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, José Ledo Limia e Luís Chamorro e as ilustracións de Manuel Crestar. Tamén chegaban colaboracións dende a emigración galega de América, destacando as de Campio Carpio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]