Flow do Toxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flow do Toxo
OrixeComarca do Condado,
Período2018 - actualidade
Xénero(s)Rap
MembrosLaura
ST
Temible Olivina
Xia Nonneva
Na rede
Facebook: FlowDoToxo Youtube: UCx_RFfz2DBsEVzLAH7JADVw Editar o valor em Wikidata

Flow do Toxo é un grupo de rap galego da comarca do Condado. Na súa música tratan temas como a defensa do rural, o feminismo ou a loita contra o patriarcado[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda formouse no Condado a comezos do ano 2018, co lanzamento do seu primeiro tema, Aquí están as que ghritan. Esta primeira canción foi totalmente autoproducida pola banda[1][3].

Dúas das integrantes de Flow do Toxo, Laura e Xía, forman parte tamén do grupo de cantareiras ponteareán As Punkiereteiras[1]. Flow do Toxo colabora con elas no seu segundo tema, Concha de Luneda; canción na que fan unha homenaxe á devandita muller, conservadora da tradición oral e musical do Condado[4] e á que consideran unha referente[5]. Ese mesmo ano, publican outros dous singles: Para rapás e Xustiza pola man. Este último é unha adaptación do poema homónimo de Rosalía de Castro.

No ano 2019, gañaron o Premio do Público da iniciativa Youtubeiras polo videoclip do seu single Flow do Toxo[6]. Publicado en xullo dese mesmo ano, o tema estivo producido por Jimbo Páez (Corazón Molotov), baixista e vocalista da banda madrileña Tremenda Jauría.

A mediados do 2020, a banda lanza Aquí están as que ghritan, unha versión actualizada do seu primeiro single, regravada por Cristina Morquillas nos Estudios Broño de Negreira[7]. En xuño dese ano, publican Manolo Pirolo, canción producida por Petrowski, rapeiro e beatmaker da banda de hip hop galega Ezetaerre.

Entre 2020 e 2021, lanzaron varios singles en colaboración con outras artistas mulleres: a rapeira vasca La Basu, a brass band galega Brassica Rapa e a cantante de rap valenciana Tesa[8].

Integrantes[editar | editar a fonte]

  • Laura Prado: voz e pandeireta
  • Rosi Mella (Temible Olivina): voz e DJ
  • Silvia Mella (ST): voz e pandeireta
  • Silvia Rodríguez (Xía Nonneva): voz e pandeireta

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Aquí están as que ghritan (2018)
  • Concha de Luneda con As Punkiereteiras (2018)
  • Para rapás (2018)
  • Xustiza pola man (2018)
  • Flow do Toxo (2019)
  • Aquí están as que ghritan (2020)
  • Manolo Pirolo (2020)
  • Jo ta ke irabazi arte con La Basu (2020)
  • Libres e bestas con Brassica Rapa (2020)
  • Cos pés na terra con Tesa (2021)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • A miña llengua politak (Tesa, Rap d'arrel, 2022)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Leyenda, Alberto. "Flow do Toxo: "Non estamos educadas para subir a un escenario e poder berrar"". Faro de Vigo. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  2. CRTVG (10 de decembro de 2019). Flow do Toxo, rap feminista. 
  3. Vinte (23 de xaneiro de 2019). Flow do Toxo. 
  4. Alalá (23 de maio de 2006). Concha de Luneda. 
  5. Seixo, Daniel. "Entrevistamos a Flow do Toxo: «Se non é revolucionario, non é feminismo»". Nueva Revolución. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  6. "Edición 2019". Youtubeiras. Consultado o 19 de maio de 2022. 
  7. Nós Televisión (01 de novembro de 2020). GZmúsica 7. 
  8. Moledo, Alba. "Flow do Toxo: “O machismo continua a estar aí apesar do postureo”". Novas da Galiza. Consultado o 19 de maio de 2022.