Festa do Portal
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2019) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
A Festa do Portal ten lugar en Ribadavia. Celébrase durante 4 días sendo o principal o 8 de setembro, festivo local nesta vila. Trátase dunha festa na que ten lugar a procesión da Virxe do Portal, patroa de Ribadavia desde o século XVII, que é acompañada por gran cantidade de persoas fieis e devotas.[1]
Despois de eventos como a Feira do Viño, a Mostra Internacional de Teatro e a Festa da Istoria chégalle a quenda á Virxe do Portal que tamén reúne a unha gran multitude de persoas.
Igrexa[editar | editar a fonte]
Moi preto do Castelo dos Sarmientos[2], no centro histórico de Ribadavia[3] atopámonos coa Igrexa da Virxe do Portal[4]. O templo actual construíuse no século XVII sufrindo importantes reformas ata o século XIX. É de estilo neoclásica e no interior sobresae o retablo barroco de 1737 feito en madeira de ciprés e que garda a bela imaxe da Virxe do Portal[5].
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
Comézase confeccionando unha alfombra con pétalos de diversas flores, elaborada pola famosa asociación "Abrandares Rurais" sendo o debuxo cada ano diferente. A pesar de todas as horas de traballo que empregan as mulleres, a vida da alfombra é relativamente curta, xa que o concello encárgase de retirala a partir das 15 horas.
Esta festa conta con numerosas actividades[6]. Comezando co tradicional pasarúas a cargo de ¨A Banda A Lira¨ da capital do Ribeiro[7]. Sendo un dos actos máis importantes e tradicionais da festa o desfile de xigantes e cabezudos e tamén o mercado medieval situado no casco histórico, que nestes días atópase con postos típicos da época para a exhibición e venda de produtos artesanais e gastronómicos entre outros.
E ao longo destes días, é de destacar unha zona recreativa, a Veronza Arquivado 27 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine., onde se desenvolve a celebración da romaría popular das festas do Portal. Chegando a noite comezan os fogos artificiais, iluminando totalmente a noite de Ribadavia, tendo lugar no Castelo da vila con concertos e distintas actuacións.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ribadavia foto a foto". www.ribadavia.net. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ "Castelo dos Condes Sarmiento". galiceando.com (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Centro histórico de Rivadabia". Vacaciones en Galicia | Turismo en Galicia | Guía Oficial de la A.G. | Información de Galicia | Portal turístico de Galicia (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Iglesia de A Nosa Señora do Portal – Ribadavia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Devoción a la Virxe do Portal". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-08.
- ↑ "Virxe do Portal en Ribadavia". www.paxinasgalegas.es. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ Tecnoloxías, Imaxina Novas. "O Ribeiro - Galicia Turismo Rural". www.galiciaturismorural.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-08.