Felipe Augusto de Saint-Marcq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFelipe Augusto de Saint-Marcq
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1762 Editar o valor em Wikidata
Taintignies, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1831 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCólera Editar o valor em Wikidata
Captain General of Aragon (en) Traducir
marzo de 1826 – setembro de 1830
← Rafael Sempere EsclápezManuel Llauder (pt) Traducir →
Capitán Xeneral de Valencia
20 de xuño de 1823 – 4 de xullo de 1824
← Antonio Garcés de Marcilla y Llorens (en) TraducirLuis Alejandro Bassecourt (pt) Traducir →
Capitán Xeral de Galicia
1814 – 1818
← Francisco Javier Venegas (en) TraducirNicolás de Llano Ponte y Oviedo del Portal (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarTenente xeneral Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española, Guerras napoleónicas, Sitios de Zaragoza, First Siege of Zaragoza (en) Traducir e Cerco de Saragoça (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Felipe Augusto de Saint-Marcq (ou Saint-March), nado en Taintegnies (Bélxica), en 1762 e finado en Madrid en 1831, foi un militar belga ao servizo de España durante a Guerra da Independencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou no servizo de España aos 14 anos, no rexemento da Garda valoa do rei, no que era capitán de compañía cando estalou a Guerra da Independencia. Cando os franceses se apoderaron de Madrid, Saint-Marcq conseguiu fuxir. Trasladouse a Valencia, onde obrigou ao xeneral francés Moncey a levantar o asedio da cidade. Como premio por esta acción foi ascendido a Mariscal de campo.

Cando se produciu o primeiro sitio de Zaragoza conseguiu reunir uns seis mil homes cos que contribuíu a que os franceses de Lefebvre levantaran o campo. Quedou en Zaragoza ás ordes de Palafox, participando activamente na defensa da cidade durante o segundo sitio, sendo premiado cos galóns de Tenente xeneral. Cando a praza capitulou foi feito prisioneiro e conducido a Nancy, onde permaneceu até 1814.

Cando Fernando VII regresou, Saint-Marcq, xa liberado, puido retornar a España. Foi, sucesivamente, capitán xeneral de Galicia, de Valencia e de Aragón, até 1830. Morreu en Madrid, vítima dunha epidemia de cólera, en 1831.