Federico Nogueira Pimentel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFederico Nogueira Pimentel
Biografía
Nacemento1879 Editar o valor em Wikidata
A Pontenova, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 1965 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Arzúa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Arzúa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Federico Nogueira Pimentel, nado no Concello de Vilaoudriz en 1879 e finado en Arzúa o 16 de xullo de 1965, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia emigrou a Cuba e el mesmo estivo na illa con dezaseis anos. Instalouse en Arzúa e foi dono dun comercio de tecidos na vila. Na ditadura de Primo de Rivera foi depositario recadador municipal dende 1924 até 1925. Foi nomeado alcalde de Arzúa polo gobernador civil a finais de febreiro de 1924, tomando posesión o 24 de febreiro.[1] Cesou no cargo de alcalde o 29 de marzo dese mesmo ano, continuando como concelleiro. Na República foi elixido concelleiro de Arzúa tomando posesión o 31 de maio de 1931. Integrouse en Izquierda Republicana. Logo do triunfo da Fronte popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Arzúa e elixido primeiro tenente de alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, foi detido o 17 de xaneiro de 1937 e xulgado en Santiago de Compostela por rebelión con Alfonso Núñez López o 31 de marzo. Foi absolto. Mentres estivo detido embargáronlle o seu comercio de tecidos. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938.[2] Finou en Arzúa o 16 de xullo de 1965 aos 88 anos.[3]


Predecesor:
Manuel Carril Carril
 
Alcalde de Arzúa
 
1924
Sucesor:
José María Taboada Quintás

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Pantiñobre con Carmen Pazo Iglesias en 1903, e foi pai de Carmen, Federico, Fernando, Mercedes, Manuel, Dolores e José Nogueira Pazo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 2-3-1924, p. 3.
  2. El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.
  3. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-7-1965, p. 10.
  4. El Ideal Gallego, 8-11-1942, p. 7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]