Federación Galega de Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación Galega de Rugby
Tipofederación deportiva
DeporteRugby
Área de operaciónGalicia
Data de fundación1983
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
https://rugby.gal/
editar datos en Wikidata ]

A Federación Galega de Rugby ou FGR é o ente encargado do fomento e a difusión do rugby en Galicia, rexida conforme ó disposto nos estatutos da Federación Española de Rugby, á cal representa no territorio galego.

Historia[editar | editar a fonte]

A antiga FGR foi creada en marzo de 1943, con domicilio social en Vigo, disolta en 1952 e reconstituída de novo en 1957, volveuse inactiva durante os anos 70s.

A actual FGR foi creada en 1983, e a primeira xunta directiva foi a composta por:

  • Presidente: Maximino Casares Ozores
  • Vicepresidente: Manuel Garrido Arrüti
  • Secretario: Ezequiel González Patiño
  • Vocal: José Flores
  • Vocal: Gerardo Dorda

A FGR organiza tódolos anos a Liga Galega de Rugby cuxa primeira edición na tempada 83/84 contou coa participación de cinco clubs: o Marina (Ferrol), o Zalaeta (A Coruña), o Universitario (Santiago), o Bocoi (Vigo) e o Arquitectura Técnica (A Coruña).

Presidentes[editar | editar a fonte]

Primeira etapa
  • Dende ????: Enrique de Sas Taboada
  • Dende ????: Concejo
  • Dende 1947: Fernando Pereiro Carrero
  • Dende ????: Ramón Iglesias Louzao
Segunda etapa
  • Dende 1957: Castor Alonso Bar
  • Dende ????: Ricardo Terre Marcelles
  • Dende 1965: Joaquín Ocón García
Etapa actual
  • Dende 1983: Maximino Casares Ozores
  • Dende 1991: Julián Valiente Romero
  • Dende 1992: Gerardo Dorda Estrada
  • Dende 1995: Antonio Lemos Mariño
  • Dende 1999: Juan Manuel Espiña López
  • Dende 2011: José Ignacio Cociña Iglesias

Licenzas[editar | editar a fonte]

En 2017 a FGR conta con:

  • 16 clubs [1]
  • 23 árbitros
  • 68 delegados
  • 92 adestradores
  • 440 xogadores categoría sénior
  • 848 xogadores categorías inferiores

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]