Saltar ao contido

Fíbula de Lancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Fíbula de Lancia no Museo Arqueolóxico Nacional de España.

A Fíbula de Lancia é unha fíbula -un imperdible de bronce utilizado para xuntar a vestimenta-, realizado por pobos celtiberos na segunda idade de ferro, entre os séculos III e II A.N.E. Forma parte das chamadas "fíbulas de cabalo" de raizame celta. Atopouse na antiga cidade celtibérica de Lancia, no termo municipal de Villasabariego, pertencente á provincia de León.[1]

Simboloxía[editar | editar a fonte]

A fíbula representa un guerreiro montando a cabalo coa cabeza de seu inimigo baixo o fociño da súa montura, segundo o costume que os celtas[Cómpre referencia] tiñan de amosar as cabezas dos seus inimigos vencidos, tal como din autores grecolatinos como Diodoro, Estrabón ou Silio Itálico.

A súa decoración, a base de círculos concéntricos e punteados deben facer referencia a un deus ou mito solar, xa que a peza está vinculada con outras fíbulas de cabalos con idéntica decoración (estandarte ou báculo de Numancia, Fíbulas celtas de cabalo en Panonia, Galoromanas etc)

Características[editar | editar a fonte]

  • Forma: zoomorfa.
  • Material: bronce.
  • Estilo: segunda idade de ferro, Celtibérico.[2]
  • Técnica: Fundición.
  • Altura: 7,4 centímetros.
  • Lonxitude: 9,2 centímetros.
  • Grosor: 0,8 centímetros.

Conservación[editar | editar a fonte]

A peza exponse de forma permanente no Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, co número de inventario 22925.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Web do Concello de Villasabariego". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Web do Museo Arqueolóxico Nacional (Consultada o 30-04-2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]