Fátima Anllo Vento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFátima Anllo Vento

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1958
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutora en Socioloxía e Antropoloxía.

Estudos de Master (double major) in Visual Arts and Performing Arts Administration

Licenciada en Medicina e Cirurxía
EducaciónUniversidade Complutense

New York University

Universidade Autónoma de Madrid
Actividade
OcupaciónInvestigadora e Xestora cultural
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3226435

Fátima Anllo Vento nada en Madrid o 8 de marzo de 1958, é unha investigadora cultural española, experta en políticas culturais e unha das pioneiras na implantación da xestión cultural en España.

Biografía[editar | editar a fonte]

Estudou medicina e cirurxía na Universidade Autónoma de Madrid e na Universidade de Valladolid, na que se licenciou en 1983. Posteriormente, licenciouse en Anatomía Patolóxica no Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid.[1]

En 1988, o seu interese pola cultura e as artes levouna a abandonar o exercicio da medicina e centrar a súa actividade no ámbito cultural. Durante 1989 e 1990 estudou un máster (dobre especialidade) en Artes Visuais e Xestión de Artes Escénicas na Universidade de Nova York. En 1996 recibiu unha bolsa do European Consortium for Political Research (ECPR) para estudar Social Data Analysis and Collection na Universidade de Essex. Formouse en xestión e desenvolvemento organizativo no IEEP e no Tavistock Institute de Londres. En marzo de 2017 obtivo o doutoramento en Socioloxía e Antropoloxía na Facultade de Socioloxía e Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid coa súa tese Participación y poder en la gobernanza de las políticas culturales. El caso de la política musical del Estado español durante a etapa democrática (1978-2013). [2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa actividade no ámbito da cultura como profesional independente. Durante a súa estancia en Nova York, colaborou con algunhas das entidades independentes máis destacadas da cidade como o teatro La MaMa Experimental Theatre Club, unha das salas fundadoras do movemento Off-Off-Broadway ou The Kitchen. A súa colaboración co Departamento de Institucións Culturais do New York City Department of Cultural Affairs do Concello de Nova York para revisar o procedemento de subvencións, permitiulle coñecer a relación entre o público e o privado nos Estados Unidos.[3]

A súa traxectoria profesional está ligada fundamentalmente ao impulso da formación e da investigación cultural en España. Foi pioneira na formación da xestión cultural en España. En 1991 deseñou e puxo en marcha, para o Instituto Complutense de Ciencias Musicais (ICCMU), o Máster en Xestión Cultural: Música, Teatro e Danza da Universidade Complutense de Madrid, que fora solicitado polo Instituto das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Cultura.[4] Trátase duns dos másteres máis antigos e de maior éxito da UCM xa que ocupou o primeiro posto entre os mellores posgraos de xestión cultural en España durante trece anos dos catorce que veñen publicando.[5]

No ano 1997 foi nomeada Directora do Departamento de Estudos e Mecenado da Fundación Autor, fundada pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) ese mesmo ano para a difusión da arte e o patrimonio cultural, desde onde impulsou a posta en marcha de diversos proxectos tamén pioneiros, entre eles as Encuestas sobre Hábitos y Prácticas Culturales en España, que a partir de 2005 pasou a realizar o Ministerio de Cultura; a creación do Centro de Investigaciones de Mercado Cultural (CIMEC), os Anuarios SGAE de las Artes Escénicas, Musicales y Audiovisuales, a elaboración do MIREM: Mapa Informatizado de Recintos Escénicos y Musicales en España, ferramenta aínda vixente que axudou a transformar os sistemas de produción escénica, e a creación da colección Datautor, para a divulgación de investigacións culturais no ámbito das ciencias sociais.[6][7][8][9][10][11][12]

Entre os anos 1999 e 2000 asumiu a Dirección Xeral de The History Channel Iberia, B.V., empresa que introduciu no mercado ibérico a canle de televisión The History Channel co nome de El Canal de Historia en España e O Canal de Historia en Portugal.[13]

Formou parte do comité científico do Congreso Internacional "Lugares de Cultura. Creatividade para o el desarrollo" celebrado en Santiago de Compostela en 2009 e en 2010 foi secretaria da conferencia “Movilidad de Artistas y Produciones de Artes Escénicas y Música en la Unión Europea”.[14][15]

Entre os moitos cursos e seminarios culturais que impartiu atópanse o "XIII Seminario Internacional Oracle" entre marzo e abril de 2011 organizado pola Rede Europea ORACLE de Xestores Culturais no Instituto Complutense de Ciencias Musicais da UCM. Tamén en Madrid, impartiu "En busca del arca perdida. Fundrashing para organizaciones culturales" en maio de 2012 e coordinou a mesa redonda na sesión “Marco conceptual y análisis del contexto” do encontro para o desenvolvemento da cooperación público-privada en artes escénicas que se celebrou no Centro Cultural Puerta de Toledo de Madrid en marzo deste mesmo ano.[16]

Tivo un importante papel no desenvolvemento do Plan Estratéxico Cultural de Pamplona, ocupando o cargo de Directora Científica, en 2011. Os obxectivos deste plan foron promover a presenza das artes e da cultura na vida cotiá. [17]

En 2013 participou na mesa redonda “Dinamización cultural” para o curso da Universidade Complutense “Desde a Creación á Representación. As Mulleres como Profesionais da arte” En 2014 realizou un relatorio no "VII Seminario Internacional do Observatorio Cultural do Proxecto Atalaia" en Huelva.[18] Este Seminario concibiuse como un espazo de reflexión sobre o momento que vive a formación universitaria e non universitaria no campo da xestión cultural.[19]

Traxectoria investigadora[editar | editar a fonte]

En 2014 abandonou a formación para centrarse na investigación orientada cara á acción e a toma de decisión nas políticas culturais. Para iso fundou o Observatorio de Creación e Cultura Independente (OCI),[20]entidade dedicada a promover o desenvolvemento do sector de creación independente en España mediante o estudo e investigación da súa realidade, problemas e necesidades.[21]Son especialmente coñecidas as investigacións anuais que vén realizando sobre a situación das compañías de danza independente en España.[22]

As súas principais áreas de investigación son as políticas culturais e a acción colectiva, en especial todo o relativo á participación da cidadanía nas artes e o desenvolvemento e a gobernanza democráticas.[23]

É membro do Consello Asesor da Revista Internacional de "Xestión e Cultura Contemporánea G+C", do ano 2008 ao 2013 editada por Área de Traballo, S.L., baixo a dirección da responsable da área de Artes Escénicas, Abraham Martínez e onde publica artigos como “Por unha actualización da xestión cultural nas artes escénicas".[24]

Levou a cabo as publicacións relacionadas con Políticas Culturais da Colección "Polítopias", editada por Marcial Pons e dirixida á publicación de clásicos das Ciencias Sociais e estudos do presente.

Entre 1992-1997 dirixiu a Colección: "Documentos en Xestión Cultural", do Instituto Complutense de Ciencias Musicais, UCM e publica o artigo "Que é o patrocinio? Apuntamentos para a Reflexión" na Fundación Arte Tripharia de Madrid.

En 2019 elaborou o Informe sobre a aplicación da Lei de Igualdade no ámbito da cultura no marco competencial do Ministerio de Cultura e Deporte[25].

Coordinou en 2022 a Guía para a adopción de medidas de acción positiva no ámbito da cultura editada polo Centro de Estudos Políticos e Constitucionais.[26]

Traxectoria feminista[editar | editar a fonte]

É coñecida ademasi pola súa defensa do feminismo e os seus esforzo por conseguir « empoderamento das mulleres xestoras» según as súas palabras.[23]

É membro do Consello de Asesoras de Mulleres nas Artes Visuais (MAV), asociación intersectorial de mulleres da arte contemporáneo español.[27][28]

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o día 7 de marzo de 2017 celebrouse en Madrid o encontro "Cultura e mulleres" con asociacións de mulleres na cultura, coa participación de Fátima Anllo; Virginia Yagüe, presidenta de Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais; Margarita Borja, presidenta de Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de xénero na cultura Moderna; moderado por Concha Hernández, directora do Festival Elas Crean e do Centro Cultural Conde-Duque de Madrid.[29] En xuño deste mesmo ano levou a cabo as conclusións do foro “Análise da Circulación de Espectáculos en Estado Español: Coñecer e Comprender para Mellorar” que se celebra en Almagro (Cidade Real) e organizado polA Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuítos e Festivais de titularidade pública.[30] En novembro dese mesmo ano, participa na mesa redonda “As mulleres e o poder no sistema da arte” na Segunda edición do Foro da asociación Mujeres en las Artes Visuales (MAV) celebrada en Matadero, centro cultural do Concello de Madrid.[31]

En maio do 2021 foi elixida presidenta da asociación española Clásicas y Modernas.[32]Ao longo de 2021-2022 dirixiu o proxecto transmedia ¿Por qué firmé con nombre de hombre?,[33]visibilizando as historias de vida de nove mulleres de diversas disciplinas nadas nos séculos XVIII e XIX que publicaron a súa obra baixo nomes masculinos.[34]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clásicas y Modernas (2021). "Fátima Anllo Vento, Reseña biográfica" (PDF). 
  2. Anllo Vento, Fátima (2017). "Participación y poder en la gobernanza de las políticas públicas: el caso de la política musical del estado español 1978-2013". MAV (en castelán). Consultado o 7 de junio de 2018. 
  3. Actas Foro MAV 2017, Mujeres en las Artes Visuales (MAV) (2017). "LAS MUJERES Y EL PODER EN EL SISTEMA DEL ARTE" (PDF). Actas Foro MAV 2017: 44. 
  4. "Folleto master" (PDF). Consultado o 22 de febrero de 2019. [Ligazón morta]
  5. "Mejores Masters | EL MUNDO" (en castelán). Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  6. "Gestionar la creación". Consultado o 8 de junio de 2018. 
  7. País, Ediciones El (14 de julio de 1998). "La SGAE facilita a distribuidores y empresarios una lista informatizada de 500 recintos escénicos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 8 de junio de 2018. 
  8. "Informe SGAE sobre hábitos de consumo culturalSociedad General de Autores y Editores - Librería Tirant Lo Blanch". Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  9. Fundación Autor (2005). Encuesta de hábitos y prácticas culturales en España (en español). Fundación Autor - SGAE. ISBN 978-84-80486-43-9. Consultado o 21 de febrero de 2019. 
  10. "Encuesta de hábitos y prácticas culturales" (en castelán). Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  11. "Anuarios de las artes escénicas, musicales y audiovisuales, 1999-presente". 
  12. "Mapa Informatizado de Recintos Esénicos". 
  13. "Un canal temático impulsa el Día de la Historia con el respaldo de la Academia". El País. 2 de junio de 2000. Consultado o 21 de febrero de 2019. 
  14. "I Congreso Internacional ‘Lugares de Cultura. Creatividad para el desarrollo’ de Santiago de Compostela" (PDF). 
  15. "Europa, "campo de inspiración para otras culturas"" (en castelán). 2010-05-25. Consultado o 2024-02-28. 
  16. "Encuentros para el desarrollo de la cooperación público-privada en artes escénicas" (PDF). 21 de marzo de 2012. 
  17. PAMPLONA, DN.ES. "Pamplona, primera ciudad española en incorporar la participación de los ciudadanos en fases de política cultural" (en castelán). Consultado o 8 de junio de 2018. 
  18. "Desde la Creación a la Representación. Las Mujeres como Profesionales del Arte" (PDF). 
  19. sav. "Panel de experiencias ¿Qué formación necesita la gestión cultural? VII Seminario Internacional del Observatorio Cultural del Proyecto Atalaya" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de julio de 2018. Consultado o 8 de junio de 2018. 
  20. "Equipo – OCI" (en castelán). Consultado o 2024-03-20. 
  21. "Equipo – OCI" (en castelán). Consultado o 2024-02-28. 
  22. Roca, Ana Teresa (19 de diciembre de 2018). "Más espectáculos con más bailarines, pero más precarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  23. 23,0 23,1 "LA FORMACIÓN DE GESTORES CULTURALES EN ESPAÑA. UNA TAREA INACABADA.". 
  24. "g+c revista de gestión y cultura" (PDF). 
  25. Anllo Vento, Fátima (dir.) (2019). Informe sobre la aplicación de la Ley de Igualdad en el ámbito de la cultura en el marco competencial del Ministerio de Cultura y Deporte (PDF). Ministerio de Cultura y Deporte. 
  26. Vento, Fátima Anllo; Sánchez, Yolanda Gómez (2022). Guía para la adopción de medidas de acción positiva en el ámbito de la cultura. Centro de Estudios Políticos y Constitucionales. Consultado o 2024-02-28. 
  27. Miranda, Marta García (7 de noviembre de 2018). "La danza en España: precaria, inestable y autoexplotada" (en castelán). Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  28. Tenerife, La Opinión de. "Las compañías de danza independiente de las Islas son las más frágiles de España" (en castelán). Consultado o 22 de febrero de 2019. 
  29. "Ellas Crean - TEATRO-DANZA-MÚSICA-POESÍA-CINE-EXPOSICIONES-DEBATES" (PDF). 2017. 
  30. "ANÁLISIS DE LA CIRCULACIÓN DE ESPECTÁCULOS EN EL ESTADO ESPAÑOL: CONOCER Y COMPRENDER PARA MEJORAR" (PDF). 
  31. "FORO MAV 2017". Consultado o 10 de junio de 2018. 
  32. "▷ Elecciones" (en castelán). Consultado o 2021-05-24. 
  33. "El Proyecto" (en castelán). Consultado o 2024-03-20. 
  34. "¿Por qué firmé con nombre de hombre?" (en castelán). Consultado o 2024-03-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]