Estado Maakhir de Somalia
ولاية ماخر الصوما (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Badhan (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 700.000 (2007) (20 hab./km²) | ||||
Lingua usada | árabe Lingua somalí | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 35.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1 de xullo de 2007 | ||||
Disolución | xaneiro de 2009 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Xefe de estado | Jibrell Ali Salad (en) (2007–) | ||||
Moeda | xelim somaliano (pt) | ||||
Maakhir, oficialmente Estado Maakhir de Somalia (en somalí, Maamul Goboleedka Maakhir; en árabe, ولاية ماخر الصومال ) é unha Rexión autónoma de Somalia, nunha zona disputada entre Somalilandia e Puntlandia.
Declaraou a súa independencia o 1 de xullo de 2007, pero non foi recoñecido nin polo goberno federal de transición de Somalia, nin polo goberno de Puntlandia.
O 11 de xaneiro de 2009 foi reincorporado a Puntlandia.
Historia[editar | editar a fonte]
A zona de Maakhir está principalmente habitada polo clan Warsangali, un membro da Conferedación de Clanes de Harti, conxuntamente cos Dhulbahante e os Makheerteen, e un clan da tribo Darod.
Os Warsangali foron orixinalmente uns dos principais actores da creación do estado de Puntlandia como sucesor dos Sultanatos Harti despois do colapso do goberno central de Somalia en 1991, pero, desde a proclamación da in dependencia (ou autonomía) de Puntlandia en 1998, os Warsangali temeron a súa desaparición no estado, cando o clan Makheerteen asumiu un papel hexemónico nel.
O Estado de Maakhir proclamou a súa autonomía o 1 de xullo de 2007, nunha cerimonia celebrada en Badhan, a capital, reclamando territorios tanto de Somalilandia como de Puntlandia, sendo proclamado presidente Jibrell Ali Salad.
Nesta zona, o Sanaag Oriental, existe unha gran cantidade de conflitos polo dominio da terra entre Somalilandia e Puntlandia. Ambos os estados teñen empresas petroleiras nesta parte de Sanaag, co consentimento do líder local, que tamén contribuíu ao desexo dos Warsangali locais de administraren os seus propios asuntos, así como de resolver as disputas con Mohamud Muse Hersi, o actual presidente de Puntlandia.
Ademais, Maakhir reclamou a parte oeste da rexión de Bari a Puntlandia, así como Sanaag a Somalilandia.
Nin Somalilandia nin Puntland recoñeceron o novo estado.
A pesar de que existían rumores de conversacións con Ali Mohammed Ghedi, o primeiro ministro de Somalia, o goberno de transición de Somalia deixou de comentar o status de Maakhir e apunta a Puntlandia como a autoridade oficial da rexión. fí
Xeograia humana[editar | editar a fonte]
Divisións administrativas[editar | editar a fonte]
Maakhir reclamou as seguintes divisións administrativas que consideraba baixo o seu control:
- Madar
- Badhanan - Capital de Maakhir
- Hadaaftimo
- Hingalol
- Las Khorey
- Yube
- Ceelbuh
- Sanaag
- Ceerigaabo - Capital rexional
- Damala Xagare
- Carmale
- Geilwiete
- Darasalaam
- Shimbiraale
- Ceelaqoday
- Boharo
- Dhahar - Capital rexional
- Ceelaayo
- Bali-Busle
- Baragaha Qol
- Buraan - As autoridades tiñan previsto abrir unha Universidade nesta cidade.
Cidades[editar | editar a fonte]
Las cidades máis grandes da zona reclamadas por Maakhir son Badhan, Las Khorey, Dhahar, Buraan, Hadaftimo, Hingalol, Damalla-Hagare, Eilbuh e Erigavo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estado Maakhir de Somalia |