Esta mañana
Esta mañana | |
---|---|
Formato | Magazine |
Duración | 90 min. |
Presentado por | Pepa Bueno (2008) Inmaculada Galván (2008-2009) |
Cadea | Televisión Española |
Día da estrea | 24 de marzo de 2008 |
Última emisión | 11 de xullo de 2009 |
Na rede
| |
Esta mañana foi un programa de televisión, emitida por La 1 de Televisión Española en horario matinal entre o 24 de marzo de 2008 e o 11 de xullo de 2009.
Formato[editar | editar a fonte]
Foi un espazo programado en horario matinal de luns a venres para substituír a Por la mañana, que presentaba Inés Ballester debido aos seus baixos índices de audiencia.[1]
O programa, inicialmente foi presentado por Pepa Bueno,[2] sendo o seu contido de servizo público, con información social e política, así como faladoiros e reportaxes de actualidade.
En xullo de 2008 produciuse unha substitución na presentación, tomando as rendas do programa a xornalista Inmaculada Galván, procedente de Telemadrid,[3] acompañada de Alipio Gutiérrez e Javier Gallego.
Audiencias[editar | editar a fonte]
Os escasos índices de audiencia na súa última etapa (10'3% de cota de pantalla nalgúns programas e unha media do 12'5%[4]) propiciaron a cancelación do espazo, que foi remplazado por La mañana de La 1, con Mariló Montero.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Vanguardia, ed. (24 de marzo de 2008). "La 1 encarga a Pepa Bueno que revitalice o seu magazine matinal.".
- ↑ El País, ed. (12 de marzo de 2008). "Pepa Bueno conducirá 'Esta mañana'".
- ↑ El País, ed. (7 de xullo de 2008). "Aires estivais nas mañás de TVE-1".
- ↑ El País, ed. (11 de xullo de 2009). "TVE busca o relevo de Inmaculada Galván en 'Esta mañana'".