Espérame
Espérame | |
---|---|
Autor/a | Xosé Antonio Perozo |
Cuberta | Miguel Vigo |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | 2006 |
Páxinas | 300 |
ISBN | ISBN 84-9782-424-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Espérame é unha novela de Xosé Antonio Perozo sacada ao prelo en marzo de 2006.
Na cuberta aparece representando á protagonista do libro a actriz Dorotea Bárcena.
Argumento[editar | editar a fonte]
O libro relata a vida dunha cabareteira, Lola, que saíu dunha aldea de Santiago chamada Couzadoiro e que se converteu nunha muller moi desexada no seu tempo de xuventude, no final do franquismo. Así, ao final, instalada en Santiago de Compostela, propietaria da sala Tolouse Lautrec, conta as súas desavinzas e éxitos cos homes dos que se rodeou, dos que sacou ganancias nalgunhas ocasións, e dos que lle intentaron facer mal noutras.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na páxina da editorial. Arquivado 07 de xullo de 2012 en Wayback Machine.