Escipión (conde)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escipión é o nome dun dos nobres ou condes (comes) galegos que no ano 842 axudaron a Ramiro I na guerra contra o seu opositor ovetense, Nepociano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A Crónica de Afonso III ofrece unha brevísima información, pola cal este nobre xunto con outro chamado Sonna terían capturado a Nepociano na rexión de Primorias (preto de Pravia, centro de Asturias) tras ser derrotado na batalla de Cornellana (842) para despois ser presentado a Ramiro I, quen perdoándolle a vida, con todo o cegaría para evitar unha posible rebelión, pechandoo nun mosteiro, aínda hoxe descoñecido.