Enrique Vidal Abascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnrique Vidal Abascal
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1994 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director de teseRamón María Aller Ulloa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , matemático , catedrático , astrónomo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAntonio Martínez Naveira, Xosé María Masa Vázquez (en) Traducir, Luis Hervella Torrón (en) Traducir, Luís Ángel Cordero Rego (en) Traducir, Francisco Javier Echarte Reula (en) Traducir, Pedro Martínez Gadea (en) Traducir, María Concepción Fuertes Fraile (en) Traducir, María Ángeles de Prada Vicente (en) Traducir, Enrique Vidal-Costa (en) Traducir, Agustin Bonome (en) Traducir, Regina Castro Bolaño (pt) Traducir, Marisa Fernández (pt) Traducir, José Luciano Lopez Rosendo (en) Traducir e José Antonio Oubiña Galiñanes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFélix Vidal Costa Editar o valor em Wikidata
PaiEnrique Vidal Bobo Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1686075

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Enrique Vidal Bobo. Residiu desde a súa nenez en Galicia. Estudou Ciencias Exactas en Santiago e Madrid. Foi profesor de Matemáticas dos institutos de Santa Cruz da Palma, Monforte, A Estrada, Vigo, Pontevedra e Arcebispo Xelmírez de Santiago. Foi director do Instituto de Monforte (1934) e despois do Instituto da Estrada (1935). En 1940 substituíu a Secundino Vilanova Rivas como presidente da comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra.

Doutor en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Madrid (1944), presentando unha tese, dirixida por Ramón María Aller Ulloa, que trataba sobre as órbitas de estrelas duplas [1].

Desde 1955 foi catedrático de Xeometría Diferencial da Universidade de Santiago de Compostela sendo, desde a súa creación en 1968, decano da Facultade de Ciencias Matemáticas de dita universidade, até a súa xubilación. Está considerado pioneiro no aperturismo matemático internacional da posguerra española, organizando o primeiro Coloquio Internacional de Matemáticas celebrado en España (1963)

Foi promotor da Real Academia Galega de Ciencias, da que foi o seu primeiro presidente, sendo designado posteriormente presidente de honra, e director do Seminario de Estudos Matemáticos de Santiago de Compostela entre 1967 e 1978.

O labor investigador de Vidal Abascal versou sobre Xeometría Diferencial e Integral (curvas e superficies) e, en astronomía, no cáculo de órbitas de estrelas duplas.

Introduciu en España o estudo de Foliacións, así como a noción de métrica case fibrada; Vidal e o profesor Hervella encontraron dúas novas xeometrías pseudokahlerianas, que denominaron G1 G2 (Galegas 1ª e 2ª).

Inventou un aparello, o orbígrafo (construído en Zürich) para o cálculo das órbitas de estrelas duplas, que aínda segue a usarse no Observatorio Astronómico de Santiago. Ao respecto do seu labor investigador sobre estas estrelas, o Observatorio Astronómico de París, escribía en 1979:

"...o conxunto das súas investigacións (...) constitúe sen dúbida ningunha (...) a maior e máis importante contribución dos nosos tempos ao estudo das estrelas duplas. Por outro lado, Vidal non só se limita á teoría, senón tamén á aplicación práctica dos seus métodos, inventando e facendo construír (...) o seu enxeñoso aparello orbígrafo, que (...) é usado por numerosos investigadores."

Entre 1972 e 1977 ditou relatorios e cursos na École Polytechnique de Lausana e na Universidade VI de París.

Pertenceu á Sociedade Americana de Matemática (American Mathematical Society), ao Círculo Matemático de Palermo (Circolo Matematico di Palermo) é a Sociedad Matemática Española. Foi membro da Real Academia Galega[2] ingresando o 27 de marzo de 1971 coa lectura do discurso A crisis da universidade europea, respondido por Ramón Otero Pedrayo.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Geometría integral sobre las superficies curvas
  • Fundamentos de la Geometría Integral
  • Introducción a la Geometría Diferencial (1956)
  • Curso de matemáticas (1957)
  • Libro de problemas de Matemáticas (1961)
  • La nueva matemática (1961)
  • Cálculo de órbitas de estrellas dobles vusuales (1963)

A súa produción complétase cuns cen artigos, algúns deles aparecidos en revistas como:

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Alfonso X El Sabio, outorgado polo CSIC en 1949, polo seu traballo Geometría Integral sobre las Superficies Curvas.
  • Premio da Real Academia de Ciencias, en 1953, por Fundamentos de la Geometría Integral.
  • Prize of the Royal Academy of Exact, Physical and Natural Sciences, en 1953, por Generalización de los Invariantes Integrales, e en 1959 por Equivalencia entre algunos problemas del Cálculo de Variaciones, la Teoría de los Invariantes Integrales Generalizados y la Geometría Integral.
  • Officier dans l' Ordre des Palmes Académiques, condecoración concedida polo goberno francés, en 1974, polas súas relacións científicas con Francia.

Os espazos case-foliados (almost-foliated manifolds) son coñecidos coma espazos de Vidal na súa honra, e as estruturas case hermíticas coma G1-G2, por Galicia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina en "The Mathematics Genealogy Project" (en inglés).
  2. "Enrique Vidal Abascal". Real Academia Galega. 
  3. Vidal Abascal, E. (1971). A crisis da universidade europea. Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]