Emilio Aceval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Aceval

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Asunción, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1931 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Asunción, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRecoleta Cemetery, Asuncion (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente de Paraguai
25 de novembro de 1898 – 9 de xaneiro de 1902
← Juan Bautista Egusquiza (pt) TraducirAndrés Héctor Carvallo Acosta (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Colorado (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresFidel Maíz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 232368295 Editar o valor em Wikidata

Emilio Aceval, nado en Asunción, Paraguai, o 16 de outubro de 1853[1] e finado en Asunción o 15 de abril de 1931, foi presidente da república de Paraguai. Os seus pais foron Leonardo Aceval e Mónica Marín.[1] Casou moi novo, en primeiras nupcias con Adelina Díaz de Bedoya, da que enviuvou, casando despois, en segundas nupcias, con Josefina Rivarola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos nenos heroes sobreviventes da batalla de Acosta Ñu. Os seus estudos realizounos baixo a dirección do pai Fidel Maíz, pero ao comezo da guerra contra a Tripla Alianza incorporouse ao Exército, aos 13 anos. Foi ferido en Pirayú e logo en Acosta Ñu, onde actuou co grao de sarxento maior. Días despois, caeu prisioneiro na batalla de Caraguatay. (A súa vestimenta de soldado exhíbese no Museo de Historia Militar).

Ao regresar á capital, atopouse coa triste escena da casa dos seus pais, que foi cruelmente saqueada, descubriuse nunha fría soidade, pero achegados seus axudárono a trasladarse a Corrientes e logo a Buenos Aires, onde retomou as súas tarefas escolares como interno do Colexio Nacional Central. Proseguiu os seus estudos de enxeñaría na posguerra, en 1876, pero tivo que interrompelos por mor dunha grave enfermidade. Logo da súa recuperación, realizou unha longa viaxe por Europa e os Estados Unidos, de onde regresou en 1881, e dedicouse á gandaría, transformándose nun propietario de facendas. Faleceu na cidade de Asunción o 15 de abril de 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Parker, William Belmont (1921). Paraguayans of To-day. The Hispanic society of America. pp. 125–126.