El Soviet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Soviet
LocalidadeOurense
editar datos en Wikidata ]

El Soviet foi un semanario editado en Ourense en 1931.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Semanario de tendencia comunista, apareceu en 1931. Imprimiuse primeiro en Lalín e despois no Carballiño. Dirixido por Luís Soto, entre os seus colaboradores figuraron Manuel Gómez del Valle, Antonio Fernández Carnicero, Eduardo Villot Canal e Juan Nóvoa. O número correspondente ao 13 de setembro foi denunciado e secuestrado por un artigo considerado inxurioso para a Garda Civil.[1] Volveu ser denunciado en novembro por publicar artigos considerados delictivos.[2] Gómez del Valle e Eduardo Villot foron procesados por varios artigos. Apareceron 23 números, cesando a súa publicación nese mesmo ano de 1931.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 29-9-1931, p. 1.
  2. Galicia, 5-11-1931, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]