El Profesorado Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Profesorado Gallego
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9040
editar datos en Wikidata ]

El Profesorado Gallego foi un periódico editado en Pontevedra entre 1894 e 1900.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico dedicado a la primera enseñanza, apareceu o 27 de xullo de 1894. O seu director e propietario era Ramón Tovar Méndez. Publicábase os días 7, 17 e 27 de cada mes. Tiña tres seccións: Oficial, que recollía as disposicións que ían saíndo; Doutrinal, con artigos sobre o ensino, e Noticias, notas soltas recentes sobre a ensinanza e o maxisterio. Inicialmente editábase da tipografía de José Eiras, pasando posteriormente á da viúva de Antúnez. Cesou a súa publicación en outubro de 1900.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Noticiero Gallego, 18-10-1900, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]