El Mendo
El Mendo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Betanzos |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Mendo foi un xornal editado en Betanzos entre 1890 e 1891.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Subtitulado Diario de la Tarde, apareceu en maio de 1890,[1] fundado pola antiga redacción de El Valdoncel. O director e propietario era Adolfo Vázquez Gómez e o administrador Julio Romay Rodríguez. Os redactores eran José Alguero Penedo, Juan Gómez Navaza e Ramón Sanjurjo Ossorio. En novembro de 1890 fusionouse con El Valdoncel, e a nova publicación conservou o título de El Mendo coa dirección de Adolfo Vázquez Gómez.[2] Cesou a súa publicación co número 489, correspondente ao 29 de decembro de 1891.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Mendo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Mendo na Hemeroteca de Betanzos Arquivado 26 de maio de 2012 en Wayback Machine.