El Avisador Santiagués
El Avisador Santiagués | |
---|---|
Fundación | 1846 |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Avisador Santiagués foi un periódico aparecido en Santiago de Compostela en 1846.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico de recreo y utilidad universal, apareceu o 16 de marzo de 1846. Imprimíase na tipografía de Núñez Espinosa. Constaba de extracto das resolucións publicadas en La Gaceta de Madrid, unha sección de variedades efemérides, crónica relixiosa e unha sección de anuncios. O último número conservado é o 13, correspondente ao 5 de xullo dese ano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Avisador Santiagués, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Otero Llovo, Javier (2005). "El Avisador Santiagués". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- El Avisador Santiagués na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.