Eduardo Acevedo Vásquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1857 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1948 (90/91 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Uruguai |
Educación | Universidade da República |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado , historiador , catedrático |
Empregador | Universidade da República |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Eduardo Acevedo Álvarez (en) |
Pai | Eduardo Acevedo Maturana (pt) |
Eduardo Acevedo Vásquez, nado en 1857 en Buenos Aires e finados en 1948 en Montevideo, foi un avogado, historiador e político uruguaio.
Familia[editar | editar a fonte]
Fillo de Eduardo Acevedo Maturana e de Joaquina Vásquez Fernández,[1] foi ademais dobre curmán de Alfredo Vásquez Acevedo e cuñado de José Pedro Varela. Casado en 1888 con María Manuela Álvarez Susviela, tiveron catro fillos: Eduardo (parlamentario, director do diario El Día e dúas veces ministro de Facenda), Manuela, Carmen e Miguel Alberto.
Carreira[editar | editar a fonte]
Eduardo Acevedo Vásquez alternou múltiples profesións como avogado, director do xornal El Siglo e catedrático de Economía Política á vez que foi un notable historiador. Así mesmo ocupou varios cargos públicos de relevancia, como o de reitor da Universidade da República (1904-1906), ministro de Industrias (1911-1913), director do Banco da República Oriental do Uruguai (1914-1924), director xeral de Ensinanza Primaria (1925-1929) e primeiro presidente de ANCAP (1931-1933).[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "GeneAll.net - Eduardo Acevedo y Maturana" (en castelán).
- ↑ "Los notables Acevedo.". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 16 de setembro de 2012.