Eduardo Álvarez Carballido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 Oroso, España |
Morte | 28 de decembro de 1913 (69/70 anos) Melide, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico , escritor |
Eduardo Álvarez Carballido, nado en Oroso en 1843 e finado en Melide o 28 de decembro de 1913, foi un médico, escritor e historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A familia trasladouse a Melide onde Eduardo fixo os estudos primarios, que despois continuou no Instituto de Lugo. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Foi médico en Melide e na súa comarca. Colaborou en Galicia Diplomática, Galicia Histórica e no Boletín da Real Academia Galega. Na súa residencia de Melide creou un museo privado con importantes fondos documentais, históricos e arqueolóxicos da Terra de Melide, que foron vendidos polos seus herdeiros. Foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega en 1906. Finou en Melide o 28 de decembro de 1913.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Diario de Galicia, 9-1-1914, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fuciños Gómez, Xosé Domingo (1985). "D. Eduardo Álvarez Carballido". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide (3).