Edmund Kean
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1787 ![]() Londres ![]() |
Morte | 15 de maio de 1833 ![]() Richmond (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Castelo de Windsor ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Londres ![]() |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro ![]() |
Empregador | Teatro Drury Lane (pt) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Comedia shakespeariana ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Mary Chambers (1808–valor descoñecido) |
Fillos | Charles Kean (pt) ![]() ![]() |
Nai | Anna Carey (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a5/Kean_%28Giles_Overreach%29.jpg/279px-Kean_%28Giles_Overreach%29.jpg)
Edmund Kean, nado o 17 de marzo de 1787 en Londres, Inglaterra e finado o 15 de maio de 1833, foi un actor escénico inglés skakesperiano, recoñecido no seu tempo pola súa baixa estatura, a súa vida persoal barullenta e o seu polémico divorcio. Durante a súa vida, actuou en Londres, Belfast, Nova York, Quebec e París entre outros lugares.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Kean naceu en Londres, o seu pai foi probablemente Edmund Kean, un empregado de arquitectura; e a súa nai foi a actriz Anne Carey, filla do compositor e escritor Henry Carey. Kean fixo a súa primeira aparición no escenario aos catro anos, como cupido no ballet de Jean-Georges Noverre, Cymon. Como neno, a súa vivacidade, enxeño e simpatía fixérono un favorito entre o público, pero as súas inclementes e adversas circunstancias e a falta de disciplina, levárono a ter unha gran confianza en si mesmo e desenvolveu tendencias rebeldes e encaprichadas. Preto de 1794 unhas persoas benevolentes pagáronlle a súa asistencia á escola, onde lle foi ben; pero atopando as ataduras intolerables, embarcouse como grumete cara a Portsmouth. Atopando a vida no mar mesmo máis restritiva, fíxose pasar por xordo e coxo tan brillantemente que enganou os doutores en Madeira.
Ao seu regreso a Inglaterra obtivo a protección do seu tío Moses Kean, un mimo, ventrílocuo e, en xeral, un artista, quen, ademais de facer que continuase os seus estudos de pantomima, o iniciou no estudo de Shakespeare. Ao mesmo tempo, Charlotte Tidswell, unha actriz que fora particularmente amable con el na súa infancia, ensinoulle as bases da actuación.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Edmund_Kean_as_Shylock.jpg/241px-Edmund_Kean_as_Shylock.jpg)
Coa morte do seu tío, ela fíxose cargo del, e comezou o estudo sistemático dos personaxes principais das obras de Shakespeare, facendo uso da súa peculiar orixinalidade propia do seu xenio interpretando completamente diferente de como o facía John Philip Kemble, considerado entón o mellor expoñente destes roles. Os talentos de Kean e o seu interesante aspecto, causaron que a señora Clarke o adoptase, pero ofendeuse dos comentarios dun visitante e repentinamente deixou a súa casa e regresou á súa antiga contorna.
Edmund morreu o 15 de marzo de 1833 durante a súa derradeira aparición sobre o escenario no Covent Garden, cando representaba Otelo, unha obra de Shakespeare, xunto ao seu fillo Charles Kean, que xa era un actor experto e interpretaba a Iago no mesmo escenario. De súpeto, cando Edmund dixo "Villain, be sure," ("Vilán, asegúrese") na escena terceira do acto terceiro, caeu e comezou a chorar cunha voz vacilante, dicindo: "Oh God, I am dying. Speak to them, Charles," (Oh Deus, mórrome. Fálalles, Charles") e deseguido perdeu a conciencia nos brazos do seu fillo. Morreu en Surrey en 1833 e está enterrado na igrexa parroquial de All Saints, na cidade de Catherington, Hampshire. As súas derradeiras palabras foron "dying is easy, comedy is hard" ("morrer é fácil, a comedia é difícil"). En Dublín, Gustavus Vaughan Brooke tomou o papel de William Tell, abandonado por Kean.
Obras de teatro[editar | editar a fonte]
Son diversas as obras de teatro dedicadas á vida de Kean, mais son seis en total as máis recoñecidas:
- Kean, un drama de Alexandre Dumas, 1836
- Kean, unha comedia de Jean-Paul Sartre, 1953 (producida en 1954 con Pierre Brasseur, volveu a Londres en 1990 protagonizada por Derek Jacobi e en 2007 protagonizada por Antony Sher)
- Kean, un musical de Broadway por Peter Stone, Robert Wright, e George Forrest, 1961
- Kean, 1978, unha obra do mes da BBC con Anthony Hopkins
- Kean, 1983, unha biografía de YTV con Ben Kingsley
- Kean IV, unha traxicomedia de Grigoriy Gorin, 1991
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edmund Kean ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Francis Phippen, Authentic memoirs of Edmund Kean, containing a specimen of his talent at composition (Londres, 1814)
- B. W. Procter, The Life of E. K. (Londres, 1835)
- Frederick William Hawkins, The life of Edmund Kean (Tinsley Brothers, Londres, 1869)
- George Henry Lewes, On Actors and the Art of Acting (Smith Elder, Londres, 1875)
- Henry Barton Baker Our Old Actors, (R. Bentley & Son, Londres, 1881)
- Edwin Booth, "Edmund Kean," en Actors and Actresses of Great Britain and the United States from the days of David Garrick to the present time, editado por Brander Matthews e Laurence Hutton, volume iii (Cassell & Co., Noeva York, 1886)
- Joseph Fitzgerald Molloy, The Life and Adventures of Edmund Kean, Tragedian, 1787-1833 (Downey & Co. Limited, Londres, 1897)
- Edward Stirling, Old Drury Lane: Fifty Years' Recollections of Author, Actor, and Manager (Chatto and Windus, Londres, 1887).
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Familia Graves, (en inglés)