Eco de la Revista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eco de la Revista
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 2753
editar datos en Wikidata ]

Eco de la Revista foi un periódico editado na Coruña en 1852.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico Judicial, Mercantil, Literario y de Variedades apareceu o 11 de xuño de 1852. Aparecía os domingos. Defendía un liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Tiveron particular resonancia as seccións tituladas "Escritores y hombres célebres de Galicia", onde se publicaron traballos sobre Macías o Namorado, Pedro Vázquez de Neira, Benito Xerónimo Feijoo e Diego Antonio Cernadas Castro; "Corona poética", dirixida por José Puente Brañas, onde se incluíron composicións, en galego ou castelán, de Antonio Neira de Mosquera, Benito Vicetto, Miguel Rúa Figueroa, José María Montes, Luís de Trelles, Pedro Vázquez de Neira e Vicente Turnes e as adiviñas ou charadas de J.M.L. O último número coñecido é o 11, publicado o 26 de setembro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]