East Anglia Array

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
East Anglia Array

PaísReino Unido Reino Unido
Localización:Mar do Norte inglés
GPS52°54′28″N 2°37′43″L
EstadoEn construción
PropietariaScottishPower, Vattenfall
EnxeñeríaIberdrola, Siemens

East Anglia Array (tamén chamado Offshore-Windpark East Anglia) é un parque eólico mariño proxectado en varias xeiras. Estará situado a 30 millas da costa de East Anglia, no Mar do Norte inglés. Está a ser desenvolvido polas empresas Scottish Power Renewables e Vattenfall. Como socios tecnolóxicos están a traballar na construción Iberdrola e Siemens AG (Gamesa).[1]

Están en estudo ata sete proxectos individuais, zonas de explotación cunha capacidade total de 7,2 GW.

East Anglia ONE[editar | editar a fonte]

Jackets en Navantia Fene.

East Anglia ONE está situado ao sur da zona, aproximadamente a 43 km da costa. O proxecto inicial será para instalar 1,2 GW de potencia eólica, con 102 torres. A electricidade producida chegará á costa por un cable que conectará coa rede nacional inglesa.

42 dos soportes para estes muíños de vento estanse a construír en España por Navantia Fene, contratista de Windar Renovables e Iberdrola, e outros 60 por Lamprell UK. Son estruturas de tres patas, 65 metros de altura e un peso de 850 toneladas. As pas dos xeradores son construídas pola fábrica que Gamesa ten nas Somozas.[2] A subestación eléctrica é construída en Navantia Cádiz, Puerto Real.

O material é enviado ao porto holandés de Vlissingen, onde Iberdrola ten unha base loxística.[3] O inicio dos traballos foi en xuño de 2018 coa instalación dos soportes para os muíños polos buques Bokalift 1 e Olympic Taurus.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]