Ducados
Ducados | |
---|---|
Tipo | marca rexistrada |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ducados é unha marca comercial de tabaco creada por Tabacalera en 1963.
Historia[editar | editar a fonte]
Xurdiu primeiramente como marca de tabaco negro. Vendíase en caixas brandas, envolta en papel de cartón e en bolsa de picadura, tabaco cortado para facer cigarros sen filtro. A envolta tiña unha característica cor azul co nome Ducados escrito en letras moi grandes.
A marca é agora propiedade de Altadis que vende tabaco negro e dende 2005 tamén Ducados Rubio.[1] Fíxose moi coñecida no mercado español polo seu baixo prezo e por estar dispoñible en tódolos establecementos de venda. Estaba feito con tabaco 100% procedente de Canarias. A marca véndese en España, Portugal, Francia, Alemaña e Austria.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Altadis se lanza al mercado del bajo precio y vende Ducados rubio a 1,35". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2005. Consultado o 29 de novembro de 2019.