Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A bolboreta flama (Dryas iulia ) é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae . É o único membro do xénero Dryas e ten catorce subespecies.
As súas ás teñen unha forma alongada e cor alaranxada con estreitas marxes negras. As femias teñen un ton máis escuro que os machos. Os ovos son de cor amarela-limón. En estado larval despide substancias químicas tóxicas para as súas predadores. A eiruga desenvólvese sobre especies de Passiflora .
Distribúese desde o sur dos Estados Unidos até o Paraguai .
Dryas iulia iulia - Descrita por Fabricius en 1775 , de exemplar proveniente de Porto Rico .
Dryas iulia fucatus - Descrita por Boddaert en 1783 , de exemplar proveniente da República Dominicana .
Dryas iulia delila - Descrita por Fabricius en 1775, de exemplar proveniente de Xamaica .
Dryas iulia alcionea - Descrita por Cramer en 1779 , de exemplar proveniente do Suriname .
Dryas iulia dominicana - Descrita por Hall en 1917 , de exemplar proveniente da Dominica .
Dryas iulia framptoni - Descrita por Riley en 1926 , de exemplar proveniente de San Vicente e as Granadinas .
Dryas iulia lucia - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Santa Lucía .
Dryas iulia carteri - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente das Bahamas .
Dryas iulia moderata - Descrita por Riley en 1926, de exemplar proveniente de Honduras .
Dryas iulia nudeola - Descrita por Bates en 1934 , de exemplar proveniente de Cuba .
Dryas iulia warneri - Descrita por Hall en 1936 , de exemplar proveniente de Saint Kitts e Nevis .
Dryas iulia martinica - Descrita por Enrico & Pinchon en 1969 , de exemplar proveniente da Martinica .
Dryas iulia largo - Descrita por Clench en 1975 , de exemplar proveniente da Florida (Estados Unidos ).
Dryas iulia zoe - Descrita por Miller & Steinhauser en 1992 , de exemplar proveniente das illas Caimán .