Down Galicia
Down Galicia | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1998 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://downgalicia.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down, máis coñecida como Down Galicia, é unha organización sen ánimo de lucro, que agrupa ás entidades específicas para a síndrome de Down de Galicia. Foi constituída no ano 1998 para canalizar as demandas deste colectivo no ámbito galego e achegar solucións que contribuísen a normalizar a súa situación na sociedade dunha forma inclusiva[1]. Segundo os seus estatutos[2], Down Galicia ten como obxectivo conseguir que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual alcancen a máxima capacidade posible para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha forma visible e inclusiva.
Down Galicia pertence á Federación Española de Institucións para a síndrome de Down (Down España) e forma parte do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI-Galicia) e da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN-Galicia). A Federación foi declarada de Utilidade Pública pola Orde INT/2958/2006, do 12 de setembro (BOE nº 232 do 28 de setembro de 2006) [3].
Áreas de actuación[editar | editar a fonte]
Down Galicia desenvolve o seu labor a través do chamado Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP)[4], organizado en seis áreas de atención, que abrangue todo o período evolutivo das persoas.
- Área de atención temperá
- Área de educación
- Área de formación e emprego
- Área de vida adulta e independente
- Área complementaria
- Área transversal
Entidades membro[editar | editar a fonte]
Down Galicia agrupa actualmente sete entidades locais, situadas todas elas en Galicia[5]:
- Down Vigo
- Down Pontevedra “Xuntos”
- “Teima” Down Ferrol
- Down Lugo
- Down Compostela
- Down Coruña
- Down Ourense
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xunta de Galicia «A Consellería de Política Social explora novas vías de colaboración con Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016
- ↑ Down Galicia «Memoria de actividades 2014 Arquivado 08 de agosto de 2016 en Wayback Machine.» Consultado o 1 de xullo de 2016
- ↑ BOE «Orden INT/2958/2006, de 12 de septiembre, por la que se declaran de utilidad pública Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016
- ↑ Praza Pública «Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites» Consultado o 1 de xullo de 2016
- ↑ Down Galicia «Entidades Arquivado 13 de xullo de 2016 en Wayback Machine.» Consultado o 1 de xullo de 2016