Domènec Font
Nome orixinal | (ca) Domènec Font Blanch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1950 Ponts, España |
Morte | 17 de maio de 2011 (60/61 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Pompeu Fabra - Doutoramento |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , profesor universitario , teórico do cinema , guionista , escritor |
Empregador | Universidade Pompeu Fabra |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Domènec Font, nado en Ponts, provincia de Lleida, Cataluña, en 1950 e finado no mesmo lugar o 17 de maio de 2011 foi un teórico do cinema, guionista, director, realizador e catedrático universitario catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor en comunicación audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, onde desenvolveu o seu labor como catedrático de Teoría e Historia do Cinema e director do Observatorio do Cinema Europeo. Tamén dirixiu a Mostra Internacional de Cinema Europeo Contemporáneo.
Como director e guionista a súa primeira obra foi unha película colectiva, da que tamén foi produtor, Objetivo sexo (1979). En 1984 é o responsábel da serie de Televisión Española La memoria fértil, que permaneceu en antena até 1990 e que serviu para dar a coñecer a traxectoria de persoas claves da cultura española como Luis Buñuel ou Josep Pla, entre moitos outros. Destacou tamén pola súa adaptación á televisión da serie Pepe Carvalho de Manuel Vázquez Montalbán. Foi tamén presidente do Consello Consultivo e Asesor de Barcelona Televisió.
Como ensaísta, a súa obra iníciase en 1974 con Un cine para el cadalso, xunto a Romà Gubern e continuou con Del azul al verde: el cine español bajo el franquismo (1976), ambas as obras dedicadas á censura franquista no cinema.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Na morte de Domènec Font en Xornal de Galicia o 24 de maio de 2011.
- Domènec Font, un combativo estudioso del cine, en El País o 18 de maio de 2011. (en castelán)