Dolores Ruiz Gestoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 (55/56 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua galega |
Premios
|
María Dolores Ruiz Gestoso, nada en Vigo en 1968, é unha escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Filoloxía hispánica. Fixo a súa tese de doutoramento sobre a poesía de Gloria Fuertes. É guionista e escritora de literatura infantil.
Obras[editar | editar a fonte]
- A lenda do capitán Miñoca (1999)
- Canora (2002)
- Historia invisible do bico Simón (2004)
- Dentro da illa (2005)
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio O Barco de Vapor (1999)
- Premio Deputación de Badaxoz (2001)
- Premio Blanco Amor por Dentro da illa (2004).